Amosando publicacións coa etiqueta Calendario. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Calendario. Amosar todas as publicacións

luns, 14 de xullo de 2025

14 de xullo

Marzo, espigarzo; abril, penduril; maio, granado; san Xoán, curado. Na santa Mariña metelo na arquiña.
~ ~ ~ ~ ~
Francia: Festa nacional.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides: 
1610: Morre en Lima o franciscano español Francisco Solano, apóstolo dos guaraníes, chamado o Taumaturgo do Novo Mundo polos prodixios e milagres realizados en Sudamérica; Máis tarde foi canonizado.
1789: Revolución Francesa: toma da Bastilla, en París
1889: Nace Camilo Díaz Baliño, pintor, escenógrafo e artista gráfico galego.
1900: Morre Víctor López Seoane, naturalista galego.
1937: Nace Xaime Quessada, pintor galego.
~ ~ ~ ~ ~
Abandoa os grandes camiños, segue os sendeiros.
Precepto pitagórico.
~ ~ ~ ~ ~

Anuncio de 1914

domingo, 13 de xullo de 2025

13 de xullo

Santiago manda o pan, san Migueliño manda o viño, san Francisco manda a landre e santo André o touciño.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
-100: Nace Xulio César, líder político e militar da antiga Roma.
1749: Unha flota española ao mando de Andres Reggio entra en Ferrol cunha fortuna  procedente das posesións en América.
1908: As mulleres compiten pola primeira vez nos Xogos Olímpicos da Era Moderna
1942: Nace Harrison Ford, actor estadounidense.
1944: Nace Erno Rubik, creador do cubo de Rubik, en Budapest.
1936: É asasinado José Calvo Sotelo, político galego.
~ ~ ~ ~ ~
Cando a pobreza entra pola porta, o amor salta pola ventá.
John Clarke
~ ~ ~ ~ ~
Anuncio de 1914

sábado, 12 de xullo de 2025

12 de xullo

Polo Santiago comeza na viña a pintar o bago.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides: 
1536: Morre Erasmo de Róterdam, teólogo e humanista neerlandés.
1817: Nace Henry David Thoreau, escritor e filósofo estadounidense.
1900: Nace Manuel Antonio, poeta galego.
1904: Nace Pablo Neruda, poeta chileno.
1906: Morre Pascual Veiga, compositor galego.
1917: Preséntase no teatro Rosalía de Castro da Coruña o coro Cántigas da Terra.
~ ~ ~ ~ ~
Pensar é mais interesante que saber, pero menos interesante que mirar.
Johann Goethe
Publicado o 12 de xullo de 1914
~ ~ ~ ~ ~

venres, 11 de xullo de 2025

11 de xullo

San Cristovo co seu cobo, San Pedro co seu xerro, Santa Mariña coa súa reguiña e Santiago co seu canado.
~ ~ ~ ~ ~
Día Internacional da Poboación.
San Bieito
Nosa Señora dos Miragres.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1561: Nace Luis de Góngora y Argote, poeta e dramaturgo español.
1898: Segundo bombardeo da cidade de Santiago de Cuba por parte das forzas dos EEUU.
1899: Nace E. B. White, escritor estadounidense.
1941: Morre Arthur Evans, arqueólogo británico.
1975: China: Descubrimento arqueolóxico en Xiang do Exército de Terracota na tumba do emperador chinés Qing Shi-Huang-di.
Anuncio de 1914
1979: En Australia estrélase a estación espacial Skylab que cae a terra de forma incontrolada.
2002: España: Na Illa Perejil un grupo de xendarmes de Marrocos invaden territorio español.
~ ~ ~ ~ ~
A arte de vencer apréndese nas derrotas.
Simón Bolivar
~ ~ ~ ~ ~












xoves, 10 de xullo de 2025

10 de xullo

Polo san Cristovo, xa o millo lle tapa a ala ó corvo.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
138: Morre Publio Elio Adriano, emperador romano.
1372: Xoán Fernández de Andeiro logra un trato con Inglaterra polo que John of Gaunt reclama o trono do reino de Galicia e de toda a Coroa de Castela.
1560: Nesta data a Audiencia e o Bispado de Compostela de Indias, capital de Nueva Galicia, pasaron a Guadalajara, Jalisco, cidade que se converteu na terceira e última capital do Reino da Nueva Galicia.
1765: Antonio de Ulloa é nomeado primeiro gobernador da Luisiana.
1856: Nace Nikola Tesla, enxeñeiro e inventor serbio.
1890: Nace Ramón Vilar Ponte, escritor galego.
1943: os aliados desembarcan en Sicilia (Operación Husky) na Segunda Guerra Mundial.
1985: o navío Rainbow Warrior de Greenpeace é afundido no porto de Auckland, Nova Celandia, polos servizos secretos franceses.
~ ~ ~ ~ ~
Todo o que participa nunha discusión defende dúas cousas: unha idea e a sí mesmo.
Paul Valéry
~ ~ ~ ~ ~
Anuncio de 1914

mércores, 9 de xullo de 2025

9 de xullo

Santiago trae as béveras e os figos leva santa Tegra.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1522: Elcano ao chegar á illa de San Iago (hoxe Santiago) en Cabo Verde descubre que teñen un erro na data do barco por ter viaxado sempre ao oeste e non facer a corrección dun día.
1572: Drake fracasa no aatque á cidade Nombre de Dios, no actual Panamá. 17 anos antes do seu ataque á Coruña. 
1746: Morre Filipe V, rei de España.
1793: Sale de Ferrol unha armada mandada por Gravina, para apoiar á de Lángara que opera fronte as costas francesas.
1963: Morre Roxelio Pérez González, mestre e pedagogo galego.
1980: Morre Vinícius de Moraes, poeta e compositor brasileiro.
~ ~ ~ ~ ~
O problema da mocidade de hoxe e que xa non forma un parte dela.
Salvador Dali
~ ~ ~ ~ ~
Anuncio de 1914

martes, 8 de xullo de 2025

8 de xullo

O día de san Xoán créballe a primeira raíz ó pan, o día de san Pedro, créballe a do medio, e o día de santa Isabel ... ¡fouciñas a el!
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1497: O navegador portugués Vasco da Gama parte cara á India.
1522: Enviado por Cortés, o capitán Gonzalo de Sandoval fundou neste día a vila de Espíritu Santo á beira do río Coatzacoalcos no istmo de Tehuantepec.
1538: Morre Diego de Almagro, explorador español.
1838: Nace Ferdinand von Zeppelin, inventor alemán.
1851: Nace Arthur Evans, arqueólogo británico.
1885: Nace Roberto Nóvoa Santos, patólogo e ensaísta republicano galego.
1941: O exército alemán asedia a cidade de Leningrado, actualmente San Petersburgo, en Rusia.
1983: Créase o Consello da Cultura Galega
Novas do 8 de xullo de 1914
1987: Morre Gerardo Diego, poeta español.
~ ~ ~ ~ ~
O fracaso é o condimento que da sabor ao éxito.
Truman Capote.
~ ~ ~ ~ ~

luns, 7 de xullo de 2025

7 de xullo

Por moito que queira ser xullo, pouco ha de chover.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1304: Morre Bieito IX, papa.
1599: O fiscal da audiencia de Manila, Jerónimo de Salazar y Salcedo, é nomeado protector oficial dos nativos de Filipinas.
1930: Nace Antonio Gandoy Díaz, cura e fundador de Preescolar na Casa.
1860: Nace Gustav Mahler, compositor austríaco.
1887: Nace Marc Chagall, pintor ruso.
1930: Morre Arthur Conan Doyle, escritor inglés.
2018: Primeiros torneos de xadrez e eSports no Asalto ao Castelo de Vimianzo.
~ ~ ~ ~ ~
O home é unha breve aventura química sen sentido.
Manuel Vicent
~ ~ ~ ~ ~


Anuncio de 1914

domingo, 6 de xullo de 2025

6 de xullo

Por Santiago, xa pinta o bago.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1575: Chegan a China os agostiños Martín de Rada e Jerónimo Marín como embaixadores.
1763: Nesta data os barcos ingleses abandonan a cidade da Habana despois dun mes de posesión, cumprindo o tratado de París na Guerra dos Sete Anos. A cambio, España deulles a posesión da Florida.
1893: Morre Guy de Maupassant, escritor francés.
1923: Lenin é nomeado presidente da Unión Soviética.
1933: Nace José Luis Meilán Gil, xurista e político galego.
1935: Nace Dalai Lama, líder espiritual do Tibet.
1946: Nace Sylvester Stallone, actor estadounidense.
1946: Nace George W. Bush, 43º presidente dos Estados Unidos.
1962: Morre William Faulkner, escritor estadounidense.
1971: Morre Louis Armstrong, músico de jazz estadounidense.
~ ~ ~ ~ ~
Anuncio de 1914
As cartas de amor escríbense sin saber o que imos decir e as terminamos sen saber o que dixemos.
Jean-Jacques Rousseau.
~ ~ ~ ~ ~

sábado, 5 de xullo de 2025

5 de xullo

San Filipe merca, Santiago peita.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1687: Isaac Newton publica Philosophiae Naturalis Principia Mathematica.
1811: Venezuela tórnase independente de España.
1853: Nace Cecil Rhodes, home de negocios británico e o fundador do estado de Rhodesia.
1885: Publícase na Habana o primeiro número d'A Gaita Gallega, primeira publicación monolingüe en galego da emigración americana
1943: Inicio da Batalla de Kursk, a máis grande batalla de tanques de guerra da Historia, ocorrida na Segunda Guerra Mundial
1951: William Shockley inventou o transistor
1996: Nace a ovella Dolly, o primeiro mamífero clonado.
2011: Detéctase o roubo do Códice Calixtino, dos arquivos da Catedral de Santiago.
2019: Falece Luis Carlos Martínez Ramos, xogador do CIDU e un dos promotores do xadrez universitario coruñés.
~ ~ ~ ~ ~
Presta o oído a todos e a poucos a voz.
William Shakespeare.
Nova de xullo de 1914
~ ~ ~ ~ ~












venres, 4 de xullo de 2025

4 de xullo

O bo nabal comeza por Santiago e acaba con Nadal.
~ ~ ~ ~ ~
Día da Independencia dos Estados Unidos de América.
Santa Isabel de Aragón ou de Portugal.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1336: Morre Santa Isabel de Aragón, raíña e santa
1593: Despois de 39 días de perigosa viaxe, o franciscano Pedro de Bautista, nomeado embaixador polo gobernador de Filipinas Gómez Pérez Dasmariñas, chega nesta data ao porto de Hirado, illa ao noroeste de Xapón, para interceder. ante o ambicioso shögun de Xapón coñecido co nome de Taicosama.
1776: O Congreso Continental aproba a Declaración de Independencia dos Estados Unidos
1790: Nace George Everest, xeógrafo e topógrafo galés.
1807: Nace Giuseppe Garibaldi, patriota italiano.
1826: Morren John Adams, 2º presidente estadounidense e Thomas Jefferson, 3º presidente estadounidense.
1902: Nace Arturo Souto, pintor galego.
1920: Nace Xosé Quiroga Suárez, político galego, primeiro presidente da Xunta de Galicia.
1924: Miguel Primo de Rivera declara amnistía xeral para un gran número de delitos. Tamén inclúe exiliados como Miguel de Unamuno e Rodrigo Soriano, que deciden non aproveitala e exiliarse en Francia.​
1926: Nace Alfredo Di Stéfano, futbolista arxentino.
1927: Nace Gina Lollobrigida, actriz italiana.
1934: Morre Marie Curie, científica francesa.
1946: Independencia das Filipinas
1959: Nace Victoria Abril, actriz española.
1960: Hawai convirtese nun dos estados dos USA.
Nova de xullo 1914
2003: Morre Barry White, músico e cantante estadounidense.
2012: A policía recupera, en perfecto estado, o Códice Calixtino.
~ ~ ~ ~ ~
A porta mellor pechada é aquela que pode deixarse aberta.
Proverbio chinés
~ ~ ~ ~ ~







xoves, 3 de xullo de 2025

3 de xullo

Polo Santiago esconde o coello o rabo, e por san Miguel vólveselle ver.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1542. Juan Rodríguez Cabrillo, un conquistador forxado na conquista de México xunto a Cortés, encargado por Pedro de Alvarado e apoiado por Antonio de Mendoza, primeiro vicerrei de Nueva España neste día divisa a península de Baja California coa súa expedición marítima, chegando a San José del Cabo.
1608: Fundación da cidade de Quebec, no Canadá.
1793: Alejandro Malaspina, despois de navegar polo Pacífico dende Acapulco ata as illas Marianas e Filipinas, dirixiuse a Australia e ás illas Davao nunha perigosa viaxe polos danos sufridos no casco e os mastros das corvetas Descubertas e Atrevida na súa viaxe de recoñecemento hidrográfico. Neste día a expedición regresa ao porto do Callao.
1883: Nace Franz Kafka, escritor checo.
1888: Nace Ramón Gómez de la Serna, escritor español.
1898: Unha escuadra española é derrotada en augas preto de Santiago de Cuba por unha escuadra norteamericana. Unha das accións heroicas é a protagonizada polo contramaestre galego José Casado ao salvar ao cabo de mar Ricardo Bellas, que tiña 14 feridas.
1935: Morre André Citroën, pioneiro francés do automóbil.
1962: Nace Tom Cruise, actor estadounidense.
1964: Morre Arturo Souto, pintor galego.
Anuncio de 1914
1982: Acórdanse as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, nunha sesión conxunta da Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega.
~ ~ ~ ~ ~
A indiferencia ante os problemas morais é a enfermidade das clases ilustradas.
Henri-Fréderic Amiel
~ ~ ~ ~ ~


mércores, 2 de xullo de 2025

2 de xullo

En xullo arder, as patacas coller.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1566: Morre Nostradamus, visionario.
1778: Morre Jean-Jacques Rousseau, filósofo e teórico político suízo.
1861: Celébranse na Coruña os I Xogos Florais, concurso poético que acabaría sendo un dos xermes do Rexurdimento literario galego.
1871: Nace Ovidio Murguía Castro, pintor galego.
1877: Nace Hermann Hesse, escritor suízo.
1897: Guglielmo Marconi patenta a radio.
1961: Morren Francisco Asorey, escultor galego e Ernest Hemingway, escritor estadounidense.
1977: Morre Vladimir Nabokov, escritor estadounidense de orixe rusa.
1989: Morre Andrei Gromiko, político e diplomático soviético.
1999: Morre Mario Puzo, escritor e guionista estadounidense.
~ ~ ~ ~ ~
Patriotismo é a convicción de que o teu pais é superior a tódolos demais porque ti naciste nel.
Anuncio do 2 de xullo de 1914
Bernard Shaw
~ ~ ~ ~ ~

martes, 1 de xullo de 2025

1 de xullo

Aí vén o mes de Santiago co seu canado!
~ ~ ~ ~ ~
Xullo é o sétimo mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días. O seu nome provén do emperador romano Xulio César (Iulius Caesar, en latín). En galego tamén recibe o nome de mes de Santiago (por celebrarse neste mes o día do Apóstolo) e mes da sega, por ser cando se realizaba este labor.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides: 
612: Na Hispania visigoda, o rei Sisebuto aproba a lei contra os xudeus.
1109: Morre Afonso VI
1321: Morre María de Molina, raíña de Castela.
1646: Nace Gottfried Wilhelm Leibniz, matemático alemán.
1751: En París publícase o primeiro tomo da Enciclopedia.
1804: Nace George Sand, escritora francesa.
1824: Nace Casto Méndez Núñez, contralmirante vigués.
1843: Nace Marcelo Macías, sacerdote, profesor e investigador galego.
1858: Na Sociedade Linneana (Londres), Charles Darwin e Alfred Russel Wallace presentan a comunicación que establece os principios da teoría da evolución mediante a selección natural.
1876: Morre Mikhail Bakunin, escritor e activista anarquista.
1904: En Leverkusen, Alemaña, fúndase o Bayer 04 Leverkusen.
1905: En Xixón, España, fúndase o Real Sporting de Xixón.
1909: Nace Juan Carlos Onetti, escritor uruguaio.
1941: Ás 13:29 horas emítese o primeiro anuncio televisivo da historia. Foi na cadea de New York WNBT. O anunciante era a empresa de reloxos Bulova e pagou 9 dólares por un anuncio de 10 segundos. Emitiuse no descanso do partido de baseball que enfrontou aos Brooklyn Dodgers contra os Philadelphia Phillies.
Anuncio so 1 de xullo de 1914
1961: Nacen Carl Lewis, atleta estadounidense e Diana de Gales, primeira esposa do príncipe Carlos de Gales.
1967: Nace Pamela Anderson, actriz e modelo canadense-estadounidense.
1974: Morre Juan Domingo Perón, militar, presidente da Arxentina en dúas ocasións. A súa viuva, María Estela Martínez de Perón, vicepresidenta, asume o poder.
1997: O Reino Unido traspasa o control de Hong Kong a China, despois de 155 anos de colonia.
2004: Morre Marlon Brando, actor estadounidense.
2011: Operación policial contra a SGAE en España detén ao director Teddy Bautista e a 8 directivos por delitos societarios e de apropiación indebida.
~ ~ ~ ~ ~
Na política hai enemigos, enemigos mortais e compañeiros de partido.
Konrad Adenauer
~ ~ ~ ~ ~

luns, 30 de xuño de 2025

30 de xuño

San Pedro e san Simón traen a chave do trebón. Asi como eles son santos, traian os trebóns mansos.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1520: Os aztecas gobernados por Cuitláhuac expulsan da cidade de Tenochtitlan aos conquistadores españoles, na chamada Noite Triste.
1906: Nos Estados Unidos, o presidente Theodore Roosevelt asina unha lei que autoriza ao goberno federal a inspeccionar as industrias alimentarias e obriga aos fabricantes a especificar a lista de ingredientes.
1908: Na Siberia (Rusia) rexístrase unha xigantesca explosión (Evento de Tunguska) que se cre causada por un meteorito.
1924: Nace Eduardo Haro Tecglen, xornalista español.
1934: Na Alemaña, Adolf Hitler ordena a «purga» dos principais dirixentes da Sturmabteilung, que terá lugar durante a noite deste día e a madrugada do 1 de xullo. É a Noite dos coitelos longos.
1938: Action Comics publica a primeira historieta de Superman.
1965: Nace José Mota, humorista español.
1966: Nace Mike Tyson, boxeador estadounidense.
1985: Nace Michael Phelps, nadador estadounidense.
Anuncio do 30 de xuño de 1914
1997: No Hong Kong (China) caduca o tratado de Nankín e a península deixa de pertencer ao Reino Unido.
2005: O Congreso dos Deputados de España aproba definitivamente a lei que autoriza o matrimonio civil entre persoas do mesmo sexo.
~ ~ ~ ~ ~
Algúns escoitan coas orellas, algúns co estómago, algúns co peto e algúns non escoitan nada.
Khalil Gibrán
~ ~ ~ ~ ~


domingo, 29 de xuño de 2025

29 de xuño

Ata o san Pedro, o viño ten medo.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
67: Morre San Pedro, o primeiro Papa.
1900: Nace Antoine de Saint-Exupéry, escritor francés e aviador.
1929: Alexander Fleming descobre a penicilina.
~ ~ ~ ~ ~
Mesmo sendo casto como o xeo e puro como a neve, non por iso escaparás da calumnia.
William Shakespeare
~ ~ ~ ~ ~

Anuncio do 29 de xuño de 1914

sábado, 28 de xuño de 2025

28 de xuño

Con pan ou sen pan, o que non morra vivirá por san Xoán.
~ ~ ~ ~ ~
Noite das fogueiras de San Pedro.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1389: Forzas otomanas arrasan os exércitos da Europa cristiá en Kosovo, abrindo camiño para a conquista otomana do Sudeste europeo.
1712: Nace Jean-Jacques Rousseau, filósofo suizo.
1914: No Atentado de Saraievo (Bosnia) é asasinado o Archiduque Francisco Fernando, herdeiro ó trono austro-húngaro. Este foi o desencadeante da I Guerra Mundial.
1936: Plebiscito do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia.
1969: Rebelión de Stonewall. Grupos de homosexuais e transexuais fan fronte ás agresións policiais nun local de New York. Isto deu pé á conmemoración deste día como o do orgullo gai.
~ ~ ~ ~ ~
A xuventude dun ser humán non se mide polos anos que ten, senon pola curiosidade que almacena.
Salvador Pániker
~ ~ ~ ~ ~

Nova do 28 de xuño de 1914