E TI DE QUEN VES SENDO?

E TI DE QUEN VES SENDO? – BORRADOR DA ACTIVIDADE INICIATIVA XOVE 


A historia é un elemento esencial da cidadanía culta e é algo que todo o mundo pode facer.
Como base da actividade empregamos unha frase que moitas veces move ao sorriso é que da nome a este proxecto que promove o respecto polo patrimonio, recuperando antigas fotos familiares e creando árbores xenealóxicas. Son actividades cotiáns noutros países de Europa pero non no noso. O historiador británico de orixe galega Felipe Fernández Armesto considera que moitos historiadores no mundo están hoxe dedicados a investigar na chamada erroneamente “historia da familia”, é dicir, investigacións xenealóxicas privadas. Este gusto polo antigo é un cimento do coñecemento histórico e, polo tanto, a investigación xenealóxica pode cocer os ladrillos dos edificios históricos.

A idea é a realización de oito accions presenciais na xeografía galega e crear un espazo en internet, con tres accións fundamentais que poden adaptarse en función do sitio de realización.

Accions:

- Escanear de fotos para enviar arquivo dixital, mellorado ou non. Dar consellos sobre a mellor conservación e almacenamento das fotos orixinais. 
- Animar a crear a árbore xenealóxica da familia.
- Animar un “safari fotográfico” cunha serie de fotos da localidade antigas para buscar os puntos actuais.

Estas tres simples actividades traballan a idea de que a historia trata esencialmente sobre a identidade; sobre quen somos e onde imos. A evolución das vilas axuda a pensar sobre o coidado do patrimonio e sobre a historia como un dialogo non so do pasado co presente, se non tamén co futuro.

A recuperación de fotos familiares antigas axuda a conectar coa historia familiar pero tamén coa da súa contorna e país. 

O proxecto busca deste xeito contribuír a fortalecer a identidade persoal e colectiva das persoas, coñecendo as súas orixes e a historia dos seus antepasados. Isto emprégase moitas veces en países con contextos migratorios e multiculturais. No caso de Galicia as distintas orixes poden dar lugar a coñecer as históricas relación de Galicia ou persoeiros galegos con case calquera lugar do mundo, pero tamén dar a coñecer as realidades da poboación inmigrante. 

Previamente a estas xornadas sería aconsellable realizar unha campaña de sensibilización.
Aínda que o programa Iniciativa Xove está destinado fundamentalmente a xente moza entre 16 e 35 anos non é excluínte e pode ser unha boa oportunidade para facer accións interxeneracionais.
As xornadas serían dúas en cada provincia (capital e outra poboación) e sería desexable contar con algunha entidade de patrimonio local favorecendo tamén a súa difusión e creando ligazóns para o futuro. 

O prazo de execución é aproximadamente de mes e medio; entre o 1 de setembro e o 15 de outubro de 2023.

Ningún comentario: