xoves, 15 de xullo de 2021

15 de xullo

En san Xoán, bótalle a fouciña ó pan; en Santa Mariña, da meda fai fariña.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides: 
1099: A Primeira Cruzada conquista Xerusalén, formándose o Reino de Xerusalén (entre 1099 e 1187). Ao longo dos seguintes 2 días a poboación musulmá da cidade será masacrada e os xudeus son queimados vivos na Gran Sinagoga, onde se refuxiaran.
1606: Nace Rembrandt, pintor holandés.
1799: En Exipto descóbrese a Pedra de Rosetta, que permitirá descifrar os xeroglíficos exipcios.
1864: Alfred Nobel patenta a nitroglicerina como explosivo.
1885: Morre Rosalía de Castro.
1892: Nace Walter Benjamin, escritor e filósofo alemán.
1898: Na illa de Cuba, no marco da Guerra Hispano-Estadounidense, capitula a cidade de Santiago.
1904: Morre Anton Chekhov, escritor ruso.
1916: En Seattle William Edmund Boeing funda a compañía aeronáutica que leva o seu nome: Boeing.
1939: Nace Aníbal Cavaco Silva, político portugués.
1954: Nace Mario Alberto Kempes, futbolista arxentino.
1963: Nace Brigitte Nielsen, actriz danesa.
Nova do 15 de xullo de 1914
1997: Morre Gianni Versace, deseñador italiano.
~ ~ ~ ~ ~
Se non podo debuxalo, e que non o entendo.
Albert Einstein.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario