Amosando publicacións coa etiqueta Calendario. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Calendario. Amosar todas as publicacións

xoves, 31 de xullo de 2025

31 de xullo

O mes de xaneiro é o xeadeiro; febreiro, muliñeiro; marzo, esqueiroso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro; en seitura, sol; e en agosto, mellor.
~ ~ ~ ~ ~
Noite de Lugnasad.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides: 
762: Fundación de Bagdad.
1099: Morre Rodrigo Díaz de Vivar (O Cid).
1557: Nace Xosé de Calasanz, pedagogo, relixioso e santo aragonés.
1740: Sae de Ferrol unha flota de 12 navios para Cartagena de Indias.
1854: Nace José Canalejas, político galego que sería asasinado sendo presidente do goberno.
1936: Nace en Meira Xosé Benito Abraira, galeguista en Arxentina moi eloxiado por Seoane.
1944: Morre Antoine de Saint-Exupéry, escritor francés.
1959: Nace a organización terrorista ETA. O primeiro asasinato reivindicado por ETA foi o do garda civil José Pardines Arcay, o 7 de xuño de 1968.
1965: Nace J.K. Rowling, escritora británica.
1971: Primeiro paseo de jeep na Lúa, cos astronautas da misión Apolo XV
1981: Morre Omar Torrijos, xefe do goberno de Panamá.
1993: Morre Balduíno, rei de Bélxica.
2001: Morre Poul Anderson, escritor de ficción científica estadounidense.
2012: Morre Gore Vidal, escritor norteamericano.
~ ~ ~ ~ ~
A morte non é nada para nós...
Non importa nin a vivos nin a mortos.
Anuncio do 31 de xullo de 1914
Para aqueles non é e para estes xa non están.
Epicuro.
~ ~ ~ ~ ~

mércores, 30 de xullo de 2025

30 de xullo

Polo Santiago non hai mal cabalo.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1511: Nace Giorgio Vasari, escritor, pintor e arquitecto italiano.
1592: O gobernador de Chile, Alonso de Sotomayor, parte para Perú para conseguir reforzos na guerra contra os araucanos.
1863: Nace Henry Ford, empresario industrial.
1898: Morre Otto von Bismarck, chanceler alemán.
1906: Nace Xesús Ferro Couselo, historiador e investigador.
1930: Uruguai gaña a primeira Copa do Mundo de Fútbol.
1947: Nace Arnold Schwarzenegger, culturista, actor e politico naturalizado norteamericano.
~ ~ ~ ~ ~
Nova do 30 de xullo de 1914
A derradeira voz que se escoite antes da explosión do planeta será a dun experto que diga: "É tecnicamente imposible".
Peter Ustinov.
~ ~ ~ ~ ~














martes, 29 de xullo de 2025

29 de xullo

En Santiago e agosto estroupelear, que é tempo do liño mazar.
~ ~ ~ ~ ~
Celébrase Santa Marta. É avogosa dos xordos, que acoden á igrexa de Santa Marta de Babío (en Lugo) a que lles boten o aceite nos oídos. Romaría de Santa Marta en Ortigueira e en San Xosé de Ribarteme coa súa procesión de cadaleitos.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1386: Xoan de Gante desembarca na Coruña e é recoñecido como rei.
1805: Nace Alexis de Tocqueville, historiador e teórico político.
1836: Inaugúrase o Arco do Triunfo de París; a primeira pedra fora colocada en 1806.
1890: Morre Vincent van Gogh, pintor holandés.
1961: Morre Aquilino Iglesia Alvariño, poeta galego.
1973: Os electores gregos confirman a abolición da monarquía e a instalación de Yeóryos Papadópoulos como cabeza de estado.
1976: Inaugúranse a Residencia e a reforma do Pazo de Mariñán.
1979: Morre Herbert Marcuse, filósofo e sociólogo alemán.
1981: Nace Fernando Alonso, corredor automobilístico, campión do Mundo.
Nova do 29 de xullo de 1914
1983: Morre Luis Buñuel, director de cine nado en España pero nacionalizado mexicano.
~ ~ ~ ~ ~
O mellor espello é o ollo dun amigo.
Proverbio gaélico.
~ ~ ~ ~ ~

luns, 28 de xullo de 2025

28 de xullo

Santiaguiño sempre co seu cabaciño.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1655: Morre Cyrano de Bergerac, escritor francés.
1794: Guillotinan a Maximilien de Robespierre e a Louis Antoine de Saint-Just dando fin a súa etapa de goberno coñecida habitualmente coma "O Terror".
1887: Nace Marcel Duchamp, artista e pintor francés.
1914: Comezo da Primeira Guerra Mundial
1994: Morre Ernesto Guerra da Cal, filólogo e escritor galego.
1996: Morre Manuel Beiras, intelectual e político galeguista.
~ ~ ~ ~ ~
Curiosamente os votantes non se consideran responsables dos fracasos do goberno que votaron.
Alberto Moravia.
~ ~ ~ ~ ~
Nova do 28 de xullo de 1914

domingo, 27 de xullo de 2025

27 de xullo

Polo Santiago cegoñas e polos a xeirar polos agros.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1276: Morre Jaume I, rei de Aragón.
1824: Nace Alejandro Dumas, escritor francés.
1909: As tropas españolas sofren unha dura derrota durante a Guerra de Melilla na xornada coñecida como Desastre do Barranco do Lobo.
1931: Asínase o Convenio de Xenebra, que lexisla o trato humanitario que debían recibir os prisioneiros de guerra.
1935: Inaugúrase o aeródromo de Lavacolla.
1939: Nace Manuel Vázquez Montalbán, escritor e xornalista catalán.
1953: Estados Unidos, Corea do Norte e China asinan un armisticio que termina coa Guerra de Corea. Corea do Sur só queda como membro observante ao negarse a asinar o armisticio.
1966: En España modifícase o réxime das asociacións estudantís.
1970: Morre António de Oliveira Salazar, ditador portugués.
1987: Na Biblioteca March de Palma de Mallorca aparece un exemplar da obra Suma e narración dos incas (1551), do cronista Juan de Betanzos.
1975: Nace Alex Rodríguez, beisbolista dominicano.
2019: Primeira edición do Torneo de Xadrez Pazo de Tor (Monforte)
~ ~ ~ ~ ~
Estudiade como se fórades vivir sempre.
Vivide coma se fórades morrer mañán.
San Isidoro de Sevilla.
Nova do 27 de xullo de 1914
~ ~ ~ ~ ~







sábado, 26 de xullo de 2025

26 de xullo

Eí vén santa Ana coa súa regasada.
~ ~ ~ ~ ~
Santa Ana e San Xoaquín, pais da Virxe María.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1139: Alfonso Enriques, curmán do rei galego Alfonso VII, proclama a independencia de Portugal respecto dos reinos do segundo, pero recoñece a súa dignidade imperial.
1471: Morre Papa Paulo II.
1856: Nace George Bernard Shaw, escritor irlandés.
1875: Nace Antonio Machado, poeta español.
1887: Publícase, en ruso, o Unua Libro (Primeiro libro) no que se sentan as bases do esperanto, idioma internacional proposto por L.L. Zamenhof.
1894: Nace Aldous Huxley, escritor británico.
1908: Nace Salvador Allende, presidente de Chile.
1925: Nace Ana María Matute, escritora catalá.
1928: Nace Stanley Kubrick, director de cine estadounidense.
1943: Nace Mick Jagger, músico británico.
1947: Creación da CIA, nos Estados Unidos.
1952: Morre Eva Perón.
1953: Inicio da Revolución Cubana, comandada por Fidel Castro Ruz.
1956: Exipto nacionaliza o Canal de Suez.
Titular do 26 de xullo de 1914
1957: Morre Giuseppe Tomasi di Lampedusa, escritor italiano.
1959: Nace Kevin Spacey, actor estadounidense.
1964: Nace Sandra Bullock, actriz estadounidense.
~ ~ ~ ~ ~
O peor que pode facerse é cruzar un precipicio en dous chimpos.
David Lloyd George
~ ~ ~ ~ ~

venres, 25 de xullo de 2025

25 de xullo

Pra coller moitos nabos, por Santiago sementalos.
~ ~ ~ ~ ~
Día Nacional de Galicia (Día de Santiago)
Santoral: Santiago, Zeltia, Suevia, Breogán
Nas Pontes (A Coruña). Festa da Fraga.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
813: O bispo de Iria Flavia descobre, segundo a tradición, o sepulcro do apóstolo no bosque de Libredón.
1387: Desembarca na Coruña, o duque de Lancaster, Xoán de Gante, que pretende ser rei, en defensa dos intereses da súa muller, Constanza.
1512: Tropas ao mando do duque de Alba toman Pamplona, capital do reino de Navarra, o que conleva a perda da súa independencia.
1905: Nace Elias Canetti, escritor búlgaro en lingua alemá, premio Nobel de Literatura en 1981.
Anuncio do 25 de xullo de 1914
1948: O presidente do Consello de Galiza no exilio, Castelao, pronuncia o seu famoso e emotivo discurso Alba de Groria no Centro Galego de Buenos Aires.
1950: Fúndase a Editorial Galaxia, en Compostela.
1965: O padre xesuíta Xaime Seixas dá a primeira misa en galego, en Compostela.
1974: Comeza a emisión de Panorama de Galicia, o primeiro programa de televisión en lingua galega.
2000: Accidente do avión Concorde
~ ~ ~ ~ ~
Unha cebra non ten porque correr mais ca leona.
Abonda con facelo mais cas outras cebras.
Jorge Wagensberg
~ ~ ~ ~ ~

xoves, 24 de xullo de 2025

24 de xullo

Día de Santiago á mañá, nabiños a semear.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1525: Sae da Coruña a nave San Lesmes na procura de terras ignoradas para os europeos no Océano Pacífico.
1571: Nesta data, Miguel López de Legazpi fundou oficialmente a cidade filipina de Manila, dotándoa dun Concello con doce concelleiros, un alguacil xefe e un notario.
1783: Nace Simón Bolívar, líder político suramericano.
1802: Nace Alexandre Dumas, escritor francés.
1864: Nace Eladio Rodríguez González, lexicógrafo e escritor galego.
1897: Nace Amelia Earhart, aviadora estadounidense.
1911: Descubrimento de Machu Picchu, no Perú, por Hiram Bingham.
1969: Nace Jennifer Lopez, cantante e actriz estadounidense.
1980: Morre Peter Sellers, actor británico.
1985: A TVG comeza a súa emisión, cos actos do Día do Apóstolo en Santiago de Compostela.
2005: O trampulleiro Lance Armstrong gaña o seu sétimo Tour de Francia consecutivo.
~ ~ ~ ~ ~
Bebede cando sodes felices, pero nunca cando sodes desgrazados.
G. K. Chesterton.
~ ~ ~ ~ ~

Anuncio de xullo de 1914

mércores, 23 de xullo de 2025

23 de xullo


Por Santiago nin no taco nin no saco.
~ ~ ~ ~ ~
Santas Bríxida e Zaida.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1221: Nace o Rei Sabio Afonso.
1871: Zarpa de Cádiz unha escuadra para rescatar Menorca dos ingleses.
1886: Nace Salvador de Madariaga, escritor e diplomático galego.
1892: Nace Haile Selassie, emperador da Etiopía.
1957: Morre Giuseppe Tomasi di Lampedusa, escritor italiano.
1969: Franco designa á sucesión da coroa a Xoán Carlos de Borbón, príncipe de España.
1995: Miguel Induráin convértese no primeiro corredor en obter cinco Tours de Francia consecutivos.
1999: Morre Hassan II, rei de Marrocos.
2011: Morre Amy Winehouse, cantante británica.
~ ~ ~ ~ ~
Hai moitas persoas que non saben perder soas o tempo e son o azote das que teñen ocupacións.
Louis de Bonald.
~ ~ ~ ~ ~
Nova do 23 de xullo de 1914

martes, 22 de xullo de 2025

22 de xullo

Por Santa Magdalena, a abelá chea.
~ ~ ~ ~ ~
Santoral: Madalena.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1298: Batalla de Falkirk, en Escocia, entre as tropas de William Wallace e as de Eduardo I de Inglaterra.
1569: Alvaro de Mendaña regresa a El Callao na primeira viaxe na que atopou as illas Salomón.
1805: Batalla naval de Fisterra. Unha frota franco-española é derrotada á altura do cabo de Fisterra.
1863: Nace Enrique Labarta Pose, escritor e xornalista galego.
1894: Celébrase a primeira carreira automobilística por estradas (París-Ruán); o récord de velocidade atínxeo o marqués Albert de Dion indo a 22 km/h.
1972: Morre Max Aub, escritor en lingua castelá de orixe franco-alemá.
2000: Morre Carmen Martín Gaite, escritora española.
Nova do 22 de xullo de 1914
2001: Morre Indro Montanelli, xornalista e escritor italiano.
2007: Morre Miguel Anxo Araúxo Iglesias, bispo e escritor.
~ ~ ~ ~ ~
A democracia é o proceso que garante que non sexamos gobernados mellor do que merecemos.
Bernard Shaw.
~ ~ ~ ~ ~

luns, 21 de xullo de 2025

21 de xullo


As abellas da Madalena, Deus as trae e Deus as leva.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
-356: Nace Alexandre Magno, rei de Macedonia, tamén coñecido como Alexandre o Grande.
1798: Batalla das Pirámides e toma da cidade de Cairo polas tropas francesas de Napoleón Bonaparte.
1828: Morre Leandro Fernández de Moratín, dramaturgo español.
1898: Nace Ernest Hemingway, novelista estadounidense.
1970: Finalizan as obras do xigantesco encoro de Asuán en Exipto.
1996: Morre Xosé Otero Abeledo Laxeiro, pintor lalinense.
~ ~ ~ ~ ~
En España sempre pasou o mesmo; o reaccionario o ten sido de verdade e o liberal moitas veces de pega.
Pio Baroja.
~ ~ ~ ~ ~








Nova do 21 de xullo de 1914

domingo, 20 de xullo de 2025

20 de xullo

Polo san Bartolo, a boa fiandeira comeza a súa tea, e a máis lixeira pola Madalena.
~ ~ ~ ~ ~
Santoral: Santos Elías e Eliseu. 
Santo Galego: San Xosé María Díaz Sanxurxo.
Día Mundial do Xadrez.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1304: Nace Francesco Petrarca, escritor e humanista italiano.
1810: Colombia declara a súa independencia de España.
1822: Nace Gregor Mendel, monxe agostiño e naturalista.
1841: Empeza a exercer no Pazo Real, Juana de Vega.
1857: É executado no actual Vietnam o martir dominico Xosé María Díaz Sanxurxo, bispo de Tonkin, que converteuse no primeiro santo lugués.
1875: A Sociedade Económica de Amigos do Pais inaugura en Santiago a Exposición Rexional.
1924: Créase en París a Fédération Internationale des Échecs.
1947: Nace Carlos Santana, músico mexicano.
1969: A Apolo XI pousa na Lúa. Neil Armstrong é o primeiro home a pisar o solo lunar.
1973: Morre Bruce Lee, actor.
1976: A sonda Viking I estadounidense pousa no chan de Marte.
1985: Nace o exdirectivo de AGAX José Luis Pena.
1997: Nace David Maestro, ilusionista galego.
~ ~ ~ ~ ~
Eu nunca penso no futuro; chega axiña.
Nova do 20 de xullo de 1914
Albert Einstein
~ ~ ~ ~ ~

venres, 18 de xullo de 2025

18 de xullo

Día de santa Mariña, vai á viña, que como a toparás, vindimarás.
~ ~ ~ ~ ~
Santa Mariña de Augas Santas.
Hoxe celébase o Día Internacional de Nelson Mandela, por acordo de novembro de 2009, da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, en recoñecemento da contribución do ex Presidente de Sudáfrica á cultura da paz e da liberdade.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1898: Marie Curie e Pierre Curie descobren un novo elemento químico, que chaman Polonio.
1918: Nace Nelson Mandela, político surafricano.
1921: Nace John Glenn, astronauta estadounidense.
1925: Adolf Hitler publica Mein Kampf (A miña loita)
1927: Morre Joaquín Loriga Taboada, aviador lalinense.
1936: O exército dá un golpe militar en España contra a República. Comeza a Guerra Civil.
~ ~ ~ ~ ~
As engurras so indican onde estiveron os sonrisos.
Mark Twain.
~ ~ ~ ~ ~
Suceso do 18 de xullo de 1914









xoves, 17 de xullo de 2025

17 de xullo

En santa Mariña colle o sacho e deixa a fouciña.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1512: As tropas castelás ao mando do Duque de Alba, inician a invasión do Reino de Navarra.
1566: Morre Bartolomé de las Casas, relixioso dominico español.
1750: Nace en San Adrián de Corme Aldea, un lugar da parroquia de Gondomil en Ponteceso, Francisco Mourelle de la Rúa, navegante galego.
1762: En Rusia, Catarina II tórnase tsarina tras o asasinato de Pedro III.
1790: Morre Adam Smith, economista e filósofo escocés.
1846: Nace Jaime Ozores de Prado, militar e filántropo galego.
Suceso do 17 de xullo de 1914
1905: Nace Jacinto Quincoces, futbolista español.
1906: En Filipinas, o presidente Macario Sacay y de León é capturado por tropas estadounidenses.
1918: En Ekaterimburgo o tsar Nicolás II e a súa familia son executados por orde do Partido Bolxevique.
1932: Nace Joaquín Salvador Lavado, Quino, humorista arxentino, creador de Mafalda.
1935: Nace Salvador García-Bodaño, escritor galego.
1936: En España, golpe de estado do exército de Marrocos. Ao fracasar comeza a Guerra Civil.
1952: Nace David Hasselhoff, actor e cantante estadounidense.
1954: Nace Angela Merkel, política e chanceler alemá desde 2005.
1955: Abre a primeira Disneylandia na California, Estados Unidos
1961: Morre Ty Cobb, beisbolista estadounidense.
1965: Nace Santiago Segura, actor, guionista, director e produtor español.
1976: Nace Marcos Senna, futbolista hispano-brasileiro.
1994: No estadio Rose Bowl de Pasadena (Estados Unidos), Brasil coróase por cuarta vez campión do mundo de fútbol ao vencer a Italia na quenda de penaltis.
1995: Morre Juan Manuel Fangio, piloto de Fórmula 1 arxentino.
1998: Nace Felipe Juan Froilán de Todos los Santos de Marichalar y Borbón, neto do rei Juan Carlos I.
2001: Falece Morris, debuxante belga, creador de Lucky Luke.
2002: Na Illa Perejil, soldados españois desaloxan a soldados marroquís que seis días antes ocuparan a illa.
~ ~ ~ ~ ~
Algúns senten a choiva, outros simplemente se mollan.
Bob Dylan
~ ~ ~ ~ ~

mércores, 16 de xullo de 2025

16 de xullo

Pola Santa Mariña mata a túa galiña.
~ ~ ~ ~ ~
Virxe do Carme, padroeira da xente do mar (da Armada, de As Pontes de García Rodríguez, de Marín...)
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1872: Nace Roald Amundsen, explorador polar noruegués
1941: Nace Xusto Beramendi, historiador galego.
1948: Nace Rubén Blades, músico e político panameño.
1958: Nace Miguelanxo Prado, autor de banda deseñada galego.
1967: O cardeal Quiroga Palacios dá a súa primeira misa en galego con motivo da consagración do novo templo parroquial de Aguiño que conta con varias inscricións en galego.
1969: Lanzada a misión Apolo XI có obxectivo de levar ao primeiro home á Lúa.
1971: Nace Carlos Núñez, músico galego.
Anuncio do 16 de xullo de 1914
2003: Morre Celia Cruz, cantante cubana.
~ ~ ~ ~ ~
A bebida apaga a sede, a comida satisface a fame pero o ouro xamais calma a avaricia.
Plutarco
~ ~ ~ ~ ~

martes, 15 de xullo de 2025

15 de xullo

En san Xoán, bótalle a fouciña ó pan; en Santa Mariña, da meda fai fariña.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides: 
1099: A Primeira Cruzada conquista Xerusalén, formándose o Reino de Xerusalén (entre 1099 e 1187). Ao longo dos seguintes 2 días a poboación musulmá da cidade será masacrada e os xudeus son queimados vivos na Gran Sinagoga, onde se refuxiaran.
1606: Nace Rembrandt, pintor holandés.
1689: Con Antonio de Viana Hinojosa sendo capitán xeral da illa de Cuba e bispo de Compostela Diego Avelino, fúndase Santa Clara, entre os ríos Cubanita e Bélico.
1799: En Exipto descóbrese a Pedra de Rosetta, que permitirá descifrar os xeroglíficos exipcios.
1864: Alfred Nobel patenta a nitroglicerina como explosivo.
1885: Morre Rosalía de Castro.
1892: Nace Walter Benjamin, escritor e filósofo alemán.
1898: Na illa de Cuba, no marco da Guerra Hispano-Estadounidense, capitula a cidade de Santiago.
1904: Morre Anton Chekhov, escritor ruso.
1916: En Seattle William Edmund Boeing funda a compañía aeronáutica que leva o seu nome: Boeing.
1939: Nace Aníbal Cavaco Silva, político portugués.
1954: Nace Mario Alberto Kempes, futbolista arxentino.
1963: Nace Brigitte Nielsen, actriz danesa.
Nova do 15 de xullo de 1914
1997: Morre Gianni Versace, deseñador italiano.
~ ~ ~ ~ ~
Se non podo debuxalo, e que non o entendo.
Albert Einstein.
~ ~ ~ ~ ~