
~ ~ ~ ~ ~
Nadal
~ ~ ~ ~ ~
Na antiga Roma, festividade do Sol Invicto. Sol Invictus ou en forma completa, Deus Sol Invictus ("o invencible Deus Sol") foi un título relixioso aplicado polo menos a tres divindades distintas durante o Imperio romano.
Juliano o Apóstata, declararía a Helios como a única divindaide, sendo as outras divindades simples expresións de este único deus, durante o tempo de este emperador a relixión do sol converteuse na relixión oficial dentro do imperio.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:

350: En Roma celébrase por primeira vez o Nadal.
795: Morre Hadrián I, Papa da Igrexa Católica.
800: na basílica de San Pedro (Roma), o papa León III coroa a Carlomagno.
1223: En Italia, san Francisco de Asis inventa o primeiro pesebre.

1599: En Brasil fúndase a cidade de Natal.
1642: Nace Isaac Newton, físico e matemático inglés.
1882: En EE. UU., Edward Johnson (un socio de Thomas Edison) ilumina no seu fogar unha árbore de Nadal con lámpadas eléctricas.
1968: Desde unha órbita ao redor da Lúa, a nave espacial Apollo 8 realiza a primeira manobra de "inxección trans Terra", que enviará á nave nunha traxectoria de volta á Terra.

1973: En EE. UU. o sistema ARPANET colapsa cando un erro de programación causa que todo o tráfico se enruta a través do servidor da Harvard University, facendo que o servidor se conxele.
1983: Morre Joan Miró, pintor español.
1991: Dimite Mijaíl Gorbachov e desaparece a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas, que pasa a denominarse Comunidade de Estados Independentes (CEI).
2003: A sonda Beagle 2 (que fora lanzada desde a nave Mars Express Spacecraft o 19 de decembro) desaparece pouco antes da súa aterraxe programada.
~ ~ ~ ~ ~
A moral cristiá é vida, non hipótese; acto, non lei; conduta, non imperativo.
Antonio Caso.
~ ~ ~ ~ ~
Ningún comentario:
Publicar un comentario