~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
49 a. C.: Xulio César cruza o río Rubicón, marcando o inicio da Segunda Guerra Civil da República de Roma.
1276: Morre Gregorio X, papa e santo italiano.
1601: A Corte de Filipe III de España trasládase de Madrid a Valladolid, por unha orde oficial do día anterior.
1809: Entra en Betanzos o exército de Moore.
1849: Nace Francesc Ferrer i Guàrdia, pedagogo e librepensador catalán.
1862: Morre Samuel Colt, inventor do revólver que leva o seu nome.
1880: Nace Manuel Azaña, presidente da Segunda República Española.
1917: Morre Buffalo Bill, showman estadounidense.
1920: Nace Miguel Anxo Araúxo Iglesias, bispo e escritor. A Liga das Nacións (precursora da ONU) reúnese por primeira vez e ratifica o Tratado de Versalles.
1924: Nace Eduardo Chillida, escultor español.
1956: Nace Antonio Muñoz Molina, escritor español e Suso de Toro escritor galego.
1957: Morre Gabriela Mistral, poetisa chilena, Premio Nobel de Literatura en 1945.
1971: Morre Coco Chanel, deseñadora francesa.
Noticia do 10 de xaneiro de 1914 |
1985: Nace Martiño Rivas, actor español.
~ ~ ~ ~ ~
Só se vive para ese pouquiño de felicidade que se agarda.
Condesa de Noailles
~ ~ ~ ~ ~
Ningún comentario:
Publicar un comentario