luns, 15 de xaneiro de 2024

15 de xaneiro

Polo santo Amaro andan os trompos polo tellado.
~ ~ ~ ~ ~
Santo Amaro, o 15 de xaneiro, é avogoso contra a reuma. En Castro Caldelas é nesta data cando se proban os chourizos novos.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1559: Isabel I de Inglaterra é coroada na abadía de Westminster.
1582: Rusia cede a Livonia e a Estonia á Polonia.
1597: Morre Juan de Herrera, arquitecto español, autor dos planos do Mosteiro do Escorial.
1622: Nace Jean Baptiste Poquelín (Molière), dramaturgo francés.
1759: Inaugúrase en Londres o Museo Británico.
1809: O xeneral Moore na Coruña bota a culpa da súa fuxida a que agardaba atopar en España mais exércitos, mais auxilio e mais patriotismo, polo que decidía embarcar e agardaba que os veciños da Coruña non incomodasen ao seu exército.
1913: Primeira transmisión telefónica sen fíos entre Nova York e Berlín.
1919: É asasinada Rosa Luxemburgo, dirixente socialista alemá.
1938: Guerra Civil Española: bombardeo de Barcelona.
1985: Nace Santiago Domínguez, que foi directivo do Club de de Iniciativas Deportivas Universitarias e da Asociación Galega de Xadrecistas.
Anuncio do 15 de xaneiro de 1914
1994: Morre Federica Montseny, ministra española da II República.
2001: Wikipedia inicia a súa andadura on line.
2012: Morre Manuel Fraga Iribarne, político galego.
~ ~ ~ ~ ~
Non toda distancia é ausencia, nin todo silencio é esquecemento. 
Mario Sarmiento 
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: