mércores, 17 de xaneiro de 2024

17 de xaneiro

Dazasete de xaneiro, Santo Antón lacoeiro.
~ ~ ~ ~ ~
Dezasete de xaneiro é o san Antón verdadeiro, 
que o do trece de san Xoán é o san Antón mentirán.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
395: Morre Teodosio I, emperador romano de Oriente (379-395) e de Occidente (394-395).
1287: Invasión de Menorca por parte do rei de Aragón, Afonso III.
1512: Visita a Catedral de Santiago, Gonzalo Fernández de Córdoba, coñecido como El Gran Capitán. Os Fernández de Córdoba eran unha familia de procedencia galega na que un dos seus membros foi o primeiro en tomar Córdoba e de ai o apelido.
1600: Nace Pedro Calderón de la Barca, dramaturgo español.
1716: Nace Benjamin Franklin, científico e diplomático norteamericano.
1808: Crease a fábrica de tabacos da Palloza.
1809: Os ingleses embarcan na Coruña fuxindo das tropas francesas de Soult. Os coruñeses defenden a cidade mentres os soldados embarcan.
Anuncio do 17 de xaneiro de 1914
1943: Morre Nikola Tesla, enxeñeiro e inventor serbio.
1945: Varsovia é ocupada polas forzas soviéticas.
1966: Colisión de dous avións estadounidenses sobre a costa andaluza. Caen catro bombas atómicas, tres delas preto de Palomares e outra nas proximidades de Almería.
2002: Morre Camilo José Cela, escritor galego, Premio Nobel de Literatura en 1989.
2008: Morre Bobby Fischer, xadrecista estadounidense.
~ ~ ~ ~ ~
Perder o diñeiro é a miúdo un delito; adquirilo por malas artes é aínda peor, e malgastalo é o peor de todo. 
Ruskin
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: