~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:1120: Bula do papa Calixto II que recoñece á Igrexa Compostelana o título de Metropolitana da Antiga Lusitania.
1473: Nace Nicolás Copérnico, astrónomo polaco.
1493: A armada portuguesa intenta apresar nas illas Azores a Cristovo Colón na súa viaxe de regreso, para evitar que divulgue a outra ruta cara ás Indias que cre descubrir.
1937: Morre Horacio Quiroga, contista, dramaturgo e poeta uruguaio-arxentino.
1941: Na provincia de Pontevedra, un furacán abate uns 150.000 árbores e destrúe as torres de máis de 300 igrexas.
1978: O Pazo de Meirás, residencia de verán da familia do ditador Francisco Franco, sufre graves danos por un incendio.
1986: Morre André Leroi-Gourhan, prehistoriador francés.
1992: Morre Eduardo Barreiros, empresario galego.
~ ~ ~ ~ ~
Coñécese moito mellor o fondo do val cando se está no cume das montañas.
Noticia do 19 de febreiro de 1914 |
~ ~ ~ ~ ~
Ningún comentario:
Publicar un comentario