xoves, 29 de febreiro de 2024

29 de febreiro

Febreiro quente, trae o demo no ventre.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1468: Nace Paulo III, papa italiano de nome Alessandro Farnese.
1504: Un eclipse lunar atemoriza a gran parte de Europa. En Xamaica, Cristóbal Colón aproveita o seu Almanach Perpétuum1 (de Abraham Zacuto), que prognosticaba unha eclipse lunar esta noite, para convencer aos nativos de proverlle víveres.
1692: Nace John Byrom, poeta británico.
1784: O Marqués de Sade trasládase á Bastilla francesa.
1908: Nos Estados Unidos aparece asasinado Pat Garret, o shériff da poboación de Lincoln Country que dera caza o matapistoleiros Billy the Kid.
1928: Entregado o buque escola Juan Sebastián Elcano á Armada española.
1940: A película Foise co vento gaña oito premios Oscar; un deles é outorgado a Hattie McDaniel, que é a primeira muller de cor en recibilo.
1972: Nacen Pedro Sánchez, secretario xeral do Partido Socialista Obreiro Español e Antonio Sabato Jr., actor italo-estadounidense.
1988: en Cidade do Cabo (Sudáfrica) o goberno branco detén o arcebispo Desmond Tutu xunto cunha centena de clérigos durante as súas protestas contra os freos estatais impostos ás organizacións antiapartheid cinco días antes.
2004: A película The Lord of the Rings: The Return of the King gaña 11 premios Oscar.
~ ~ ~ ~ ~
Se puidésemos saber primeiro onde estamos e onde imos, poderiamos xulgar mellor que facer e como facelo. 
Lincon. 
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: