mércores, 7 de febreiro de 2024

7 de febreiro

A chuvia de febreiro fai o palleiro.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1812: Nace Charles Dickens, escritor británico.
1833: Sae na Coruña a publicación "El Correo de Galicia".
1876: Publícase en Ourense o primeiro número da revista satírica O Tío Marcos d'a Portela, primeira publicación periódica integramente en galego.
1923: Estrea internacional da Selección de fútbol de Galicia.
1965: A Forza Aérea dos Estados Unidos de América comeza a utilización de napalm sobre Vietnam do Norte.
1966: O ministro de Información e Turismo Manuel Fraga Iribarne, bañase na praia de Palomares, Almería, ante o temor á radioactividade dunha bomba H estadounidense perdida no mar nun accidente aéreo.
1981: Abren ao tránsito a Ponte de Rande na Autoestrada de Galicia.
1986: En Haití, un levantamento popular fai saír do país ao ditador Jean-Claude Duvalier
1992: Créase a Unión Europea, en Maastricht (Países Baixos)
1999: Morre Hussein I de Xordania.
Noticia do 7 de febreiro de 1914
~ ~ ~ ~ ~
Unha desgraza vai sempre pisando as roupas doutra: tan inmediatas camiñan. 
Shkespeare 
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: