martes, 16 de abril de 2024

16 de abril

O que en abril come sardiña, aínda en agosto pícalle a espiña.
~ ~ ~ ~ ~
Día Internacional contra a escravitude infantil.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1581: Filipe II é proclamado rei de Portugal baixo o nome de Filipe I, no mosteiro de Tomar.
1779: Nace Francisco Xosé Rodríguez Gil, autor do primeiro dicionario castelán-galego.
1828: Morre Francisco José de Goya y Lucientes, pintor español.
1872: Morre Francisco Calvet Granados, afamado cantante de ópera.
1889: Nace Charlie Chaplin, actor e director de cine británico.
1901: Decláranse monumento nacional as Murallas de Lugo.
~ ~ ~ ~ ~
Idealismo é a capacidade de ver ás persoas como poderían ser se non foran como son.
Curt Goetz
~ ~ ~ ~ ~
Curiosa publicidade do 16 de abril de 1914

Ningún comentario: