luns, 8 de abril de 2024

8 de abril

As madrugadas de abril son pintadas pra durmir.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
217: Asasinato do emperador romano Caracalla pola Garda Pretoriana.
1492: Morre Lorenzo de Medici, "O Magnífico", governante de Florencia e patrón das artes.
1798: Nace Ramón de la Sagra, biólogo e político galego.
1820: Descúbrese a Venus de Milo na illa exea de Melos.
1821: Nace Charles-Pierre Baudelaire, poeta simbolista francés.
1892: Nace Mary Pickford, actriz canadiana e fundadora de estudios cinematográficos.
1938: Nace Kofi Annan, ex-Secretario Xeral das Nacións Unidas.
1939: Nace o xadrecista coruñés Luis Carlos Martínez.
1973: Morre Pablo Picasso, pintor español.
1977: Sábado de Gloria, queda legalizado o Partido Comunista de España, por decisión persoal de Adolfo Suárez.
Opinión do 8 de abril de 1914
2003: Morre en Iraq José Couso Permuy, xornalista ferrolán a mans de tropas estadounidenses.
~ ~ ~ ~ ~
A arte de envellecer é a arte de conservar algunha esperanza.
André Maurois
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: