sábado, 1 de xullo de 2023

1 de xullo

Aí vén o mes de Santiago co seu canado!
~ ~ ~ ~ ~
Xullo é o sétimo mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días. O seu nome provén do emperador romano Xulio César (Iulius Caesar, en latín). En galego tamén recibe o nome de mes de Santiago (por celebrarse neste mes o día do Apóstolo) e mes da sega, por ser cando se realizaba este labor.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides: 
612: Na Hispania visigoda, o rei Sisebuto aproba a lei contra os xudeus.
1109: Morre Afonso VI
1321: Morre María de Molina, raíña de Castela.
1646: Nace Gottfried Wilhelm Leibniz, matemático alemán.
1751: En París publícase o primeiro tomo da Enciclopedia.
1804: Nace George Sand, escritora francesa.
1824: Nace Casto Méndez Núñez, contralmirante vigués.
1843: Nace Marcelo Macías, sacerdote, profesor e investigador galego.
1858: Na Sociedade Linneana (Londres), Charles Darwin e Alfred Russel Wallace presentan a comunicación que establece os principios da teoría da evolución mediante a selección natural.
1876: Morre Mikhail Bakunin, escritor e activista anarquista.
1904: En Leverkusen, Alemaña, fúndase o Bayer 04 Leverkusen.
1905: En Xixón, España, fúndase o Real Sporting de Xixón.
1909: Nace Juan Carlos Onetti, escritor uruguaio.
1941: Ás 13:29 horas emítese o primeiro anuncio televisivo da historia. Foi na cadea de New York WNBT. O anunciante era a empresa de reloxos Bulova e pagou 9 dólares por un anuncio de 10 segundos. Emitiuse no descanso do partido de baseball que enfrontou aos Brooklyn Dodgers contra os Philadelphia Phillies.
Anuncio so 1 de xullo de 1914
1961: Nacen Carl Lewis, atleta estadounidense e Diana de Gales, primeira esposa do príncipe Carlos de Gales.
1967: Nace Pamela Anderson, actriz e modelo canadense-estadounidense.
1974: Morre Juan Domingo Perón, militar, presidente da Arxentina en dúas ocasións. A súa viuva, María Estela Martínez de Perón, vicepresidenta, asume o poder.
1997: O Reino Unido traspasa o control de Hong Kong a China, despois de 155 anos de colonia.
2004: Morre Marlon Brando, actor estadounidense.
2011: Operación policial contra a SGAE en España detén ao director Teddy Bautista e a 8 directivos por delitos societarios e de apropiación indebida.
~ ~ ~ ~ ~
Na política hai enemigos, enemigos mortais e compañeiros de partido.
Konrad Adenauer
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: