sábado, 29 de xullo de 2023

29 de xullo

En Santiago e agosto estroupelear, que é tempo do liño mazar.
~ ~ ~ ~ ~
Celébrase Santa Marta. É avogosa dos xordos, que acoden á igrexa de Santa Marta de Babío (en Lugo) a que lles boten o aceite nos oídos. Romaría de Santa Marta en Ortigueira e en San Xosé de Ribarteme coa súa procesión de cadaleitos.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1805: Nace Alexis de Tocqueville, historiador e teórico político.
1836: Inaugúrase o Arco do Triunfo de París; a primeira pedra fora colocada en 1806.
1890: Morre Vincent van Gogh, pintor holandés.
1961: Morre Aquilino Iglesia Alvariño, poeta galego.
1973: Os electores gregos confirman a abolición da monarquía e a instalación de Yeóryos Papadópoulos como cabeza de estado.
1976: Inaugúranse a Residencia e a reforma do Pazo de Mariñán.
1979: Morre Herbert Marcuse, filósofo e sociólogo alemán.
1981: Nace Fernando Alonso, corredor automobilístico, campión do Mundo.
Nova do 29 de xullo de 1914
1983: Morre Luis Buñuel, director de cine nado en España pero nacionalizado mexicano.
~ ~ ~ ~ ~
O mellor espello é o ollo dun amigo.
Proverbio gaélico.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: