luns, 3 de xullo de 2023

3 de xullo

Polo Santiago esconde o coello o rabo, e por san Miguel vólveselle ver.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1542. Juan Rodríguez Cabrillo, un conquistador forxado na conquista de México xunto a Cortés, encargado por Pedro de Alvarado e apoiado por Antonio de Mendoza, primeiro vicerrei de Nueva España neste día divisa a península de Baja California coa súa expedición marítima, chegando a San José del Cabo.
1608: Fundación da cidade de Quebec, no Canadá.
1793: Alejandro Malaspina, despois de navegar polo Pacífico dende Acapulco ata as illas Marianas e Filipinas, dirixiuse a Australia e ás illas Davao nunha perigosa viaxe polos danos sufridos no casco e os mastros das corvetas Descubertas e Atrevida na súa viaxe de recoñecemento hidrográfico. Neste día a expedición regresa ao porto do Callao.
1883: Nace Franz Kafka, escritor checo.
1888: Nace Ramón Gómez de la Serna, escritor español.
1898: Unha escuadra española é derrotada en augas preto de Santiago de Cuba por unha escuadra norteamericana. Unha das accións heroicas é a protagonizada polo contramaestre galego José Casado ao salvar ao cabo de mar Ricardo Bellas, que tiña 14 feridas.
1935: Morre André Citroën, pioneiro francés do automóbil.
1962: Nace Tom Cruise, actor estadounidense.
1964: Morre Arturo Souto, pintor galego.
Anuncio de 1914
1982: Acórdanse as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, nunha sesión conxunta da Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega.
~ ~ ~ ~ ~
A indiferencia ante os problemas morais é a enfermidade das clases ilustradas.
Henri-Fréderic Amiel
~ ~ ~ ~ ~


Ningún comentario: