martes, 15 de agosto de 2023

15 de agosto

Despois de Santa María, non tóque-lo porco da ría.
~ ~ ~ ~ ~
A Asunción da Virxe
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides: 
797: A emperatriz bizantina Irene ordena cegar ao seu fillo Constantino VI, ao que sucedeu no trono de Bizancio.
1573: A peste asola Ourense.
1769: Nace Napoleón Bonaparte, emperador francés.
1914: Apertura oficial da Canal do Panamá.
1923: Publícanse no número 190 d' A Nosa Terra as Bases das Escolas do Insiño Galego, deseñadas polas Irmandades da Fala da Coruña.
1947: India gaña a independencia de Reino Unido.
1950: Nace Javier Novelle, impulsor do Día da Ciencia na Rúa.
1972: Nace Ben Affleck, actor estadounidense. 
1977: The Big Ear, un radiotelescopio operado pola Ohio State University   como parte do proxecto SETI, recibe un sinal de radio do espazo profundo, este suceso coñécese como o sinal "Wow".
~ ~ ~ ~ ~
Os mozos de hoxe aman o luxo, teñen vicios e desprezan a autoridade. Respostan aos seus pais, cruzan as pernas e tiranizan aos seus mestres.
Nova do 15 de agosto de 1914
Sócrates.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: