xoves, 19 de agosto de 2021

19 de agosto

A castaña no agosto quere beber e no setembro comer. 
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides: 
1883: Nace Coco Chanel, deseñista de moda francesa.
1936: Os sublevados asasinan a Ánxel Casal, nado na Coruña era o alcalde de Santiago, pertencente ao Partido Galeguista. Era impresor e impulsor da Asociación de escritores galegos. Hai quen defende que xa resultou morto o día 4 deste mesmo mes. Tamén é asasinado Federico García Lorca, poeta e dramaturgo español.
1946: Nace Bill Clinton, o mentireiro ex-presidente dos Estados Unidos.
1965: Nace Maria de Medeiros, actriz portuguesa.
~ ~ ~ ~ ~
O entusiasmo é o pan diario da mocidade. O escepticismo o viño diario da vellez.
Pearl S. Buck 
~ ~ ~ ~ ~
Titular do 19 de agosto de 1914

Ningún comentario:

Publicar un comentario