domingo, 27 de agosto de 2023

27 de agosto

Deus nos aparte do polvo de maio e da lama do agosto.
~ ~ ~ ~ ~
Santa Margarida.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides: 
1770: Nace Georg Wilhelm Friedrich Hegel, filósofo alemán.
1828: Independencia do Uruguai da dominación brasileira. 
1859: Descóbrese petróleo en Pensilvania, Estados Unidos. Primeiro xacemento descoberto para explotación comercial
1883: O volcán Krakatoa entra en erupción. A explosión é visible a 5.000 quilómetros.
1929: Nace Ira Levin, escritor estadounidense
1950: Morre Cesare Pavese, escritor italiano.
1965: Morre Le Corbusier, arquitecto francés,
1975: Morre Haile Selassie, emperador de Etiopía.
1976: Nace Carlos Moyá, tenista español
1990: Morre Ramón Piñeiro, político, intelectual e escritor galego.
~ ~ ~ ~ ~
Non hai ningún vento favorable para o que non sabe a que porto se dirixe. 
Titular do 27 de agosto de 1914
Arthur Schopenhauer.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: