luns, 11 de setembro de 2023

11 de setembro

Polo san Nicolás, as uvas vendimarás. 
~ ~ ~ ~ ~
Diada nacional de Cataluña
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides: 
1297: Batalla da ponte de Stirling: Os escoceses liderados por William Wallace e Andrew de Moray derrotan aos ingleses.
1811: Nace Nicomedes Pastor Díaz, político e escritor galego.
1823: Morre David Ricardo, economista inglés.
1869: Morre en Montevideo Antonio Díaz Hernández, que nacera na Coruña pero que loitara pola independencia das colonias, chegando a ser ministro e xeneral no Uruguay.
1962: Nace Julio Salinas, ex futbolista español.
1965: Nace Bashar al-Assad, xefe de estado de Siria.
1973: Golpe militar no Chile, comandado por Augusto Pinochet. Resulta morto o presidente democrático Salvador Allende, no Palacio de La Moneda.
2001: Dous avións conducidos por secuestradores suicidas de Al-Qaida baten coas Torres xemelgas de New York, un terceiro avión bate contra o Pentágono e outro cae ao oeste de Pensilvania, sen chegar ao seu obxectivo. 
~ ~ ~ ~ ~
Anuncio do 11 de setembro de 1914
Non é suficiente estar disposto a cumprir co deber: é necesario coñecelo.
Quizot. 
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: