martes, 3 de setembro de 2024

3 de setembro

Ós comenzos de setembro aparella as cubas pra vindimar as uvas. 
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides: 
1539: Apróbanse os estatutos que Ignacio de Loyola presentou ao Papa Paulo III, para a fundación da Compañía de Xesús.
1870: Nace Federico Guillermo Maciñeira e Pardo de Lama, historiador e xeógrafo galego.
1875: Nace Ferdinand Porsche, proxectista de automóbiles austríaco.
1900: Nos preparativos da visita da raiña María Cristina e o seu fillo a Ferrol, o neno do capitan xeral de 4 anos asómase en exceso polo balcón, falecendo na caida o que supuso a suspensión de actos da visita.
1939: Chega a Valparaíso no navío Winnipeg, que transporta exiliados españois sacados de Francia polo cónsul especial chileno, o poeta Pablo Neruda.
1939: Francia e Inglaterra declaran a Guerra a Alemaña, tras a invasión de Polonia por parte desta.
Sucesos do 3 de setembro de 1914
1953: Entra en vigor a Convención Europea dos Dereitos do Home.
1967: Suecia adopta a man dereita para a circulación.
1976: A Viking II aterriza en Marte.
2014: A Asemblea Xeral de Hercle cambia os seus estatutos para ser asociación universitaria e nomea unha nova Xunta Directiva presidida por José Alberto Ortega.
~ ~ ~ ~ ~
Pise firme sempre no medio e non vaia por extremos, que son perigosos todos. 
Baltasar Gracián . 
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: