mércores, 18 de outubro de 2023

18 de outubro

Santiago manda o pan, san Migueliño manda o viño, san Francisco manda a landre e san Andrés o touciño.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1009: A Igrexa do Santo Sepulcro é destruída polo califa Al-Hakim bi-Amr Allah.
1541: Morre Margarita Tudor, raíña de Escocia
1634: Nace Luca Giordano, artista italiano.
1850: Nace o galego Pablo Iglesias, fundador do PSOE e da UXT.
1851: Publícase Moby Dick
1898: Os Estados Unidos toman Puerto Rico.
1922: Créase a primeira emisora de radio do mundo: a BBC de Londres.
Titular 18 de outubro de 1914
1929: As mulleres son consideradas persoas baixo a lei en Canadá.
1931: Morre Thomas Alva Edison, inventor estadounidense.
1942: Nace Juan Tamariz, ilusionista español.
1945: A Unión Soviética obten plans da bomba de plutonio dos EEUU grazas a Klaus Fuchs.
1955: Morre José Ortega y Gasset, filósofo español.
1956: Nace Martina Navratilova, tenista estadounidense de orixe checa.
1968: O Comité Olímpico estadounidense suspende a dous atletas por facer o saúdo "black power" na cerimonia dos Xogos Olímpicos de México.
1989: Renuncia do líder da RDA Erich Honecker.
2003: Morre dun paro cardíaco en Bangkok o escritor español Manuel Vázquez Montalbán.
2006: Morre Xosé Quiroga Suárez, político galego, primeiro presidente da Xunta de Galicia.
2010: Nace o blog cultural da S.C.D. Palaestra, Club Brigantium. www.brigantium.org
~ ~ ~ ~ ~
Non hai nada repartido de modo máis equitativo que a razón; todo o mundo está convencido de ter suficiente. 
René Descartes.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: