domingo, 25 de outubro de 2020

25 de outubro

Por san Lucas alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba. 
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1854: Nace en Mondoñedo Manuel Leiras Pulpeiro, médico e poeta galego.
1865: Nace en Tui Manuel Lago González, eclesiástico e escritor galego.
1881: Nace Pablo Ruíz Picasso, pintor.
1917: Comeza a Revolución Rusa, o chamado "outubro vermello".
1971: O escano da China nacionalista nas Nacións Unidas pasa a ser ocupado pola República Popular de China.
1977: Asínase en Madrid o Pacto da Moncloa, co obxectivo de estabiliza-lo proceso de transición.
Ilustración do 25 de outubro
~ ~ ~ ~ ~
Incerto é o lugar onde a morte che espera; espérea, pois, en todo lugar. 
Seneca. 
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario