sábado, 7 de outubro de 2023

7 de outubro

A verdura de San Simón dá pró amo e mais pró ladrón.
~ ~ ~ ~ ~
A Nosa Señora do Rosario, padroeira da Coruña.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
-539: O exército de Ciro II de Persia entra en Babilonia.
1072: Sancho II o Forte, rei de Castela, é asasinado xunto ás murallas de Zamora por Bellido Dolfos.
1571: Batalla de Lepanto, na que o poder marítimo dos turcos foi abatido pola Liga Santa. Destaca a actuación do mariño galego Gil de Andrade.
1622: Morre o diplomático Baltasar de Zuñiga, nado en Monterrei, que sendo ministro devolveu o voto en Cortes a Galicia.
1849: Morre Edgar Allan Poe, escritor estadounidense
1872: Comenza un gran incendio que en dous días devasta mais de 8 quilómetros cadrados, destrue 17.450 edificios de Chicago e causa a morte de 200 persoas.
1886: Abolición da escravitude en Cuba.
1916: O presidente da República de México, Venustiano Carranza, prohíbe as corridas de touros.
1925: A bailarina estadounidense Josephine Baker debuta na Revista negra no music-hall dos Campos Elisios.
1931: Nace Desmond Tutu, arcebispo anglicano sudafricano, Premio Nobel da Paz en 1984
1934: Morre Santiago Ramón e Cajal, científico español
1940: Ernest Hemingway publica a obra Por quen dobran as campás.
1950: 30.000 soldados chineses invaden o Tibet e toman o control.
1975: O presidente mexicano, Echeverría, ratifica a súa petición de que España sexa expulsada da ONU.
1985: Un comando palestino secuestra o transatlántico italiano "Achille Lauro" e entréganse ao día seguinte despois de matar a un pasaxeiro.
~ ~ ~ ~ ~
Traballa para manter viva no teu peito esa pequena faísca de lume celeste, a conciencia. 
George Washington.
~ ~ ~ ~ ~

Novas do 7 de outubro de 1914

Ningún comentario: