domingo, 15 de xuño de 2025

15 de xuño

En san Xoán, encéndese a fogueira e canta o can.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1219: Dinamarca adopta a súa bandeira nacional, a máis antiga de Europa.
1752: Benjamin Franklin realiza un experimento para demostrar que os raios son electricidade elevando unha cometa durante unha tormenta.
1899: Nace Federico García Lorca, poeta e dramaturgo.
1914: Nace Yuri Andropov, Secretario Xeral do Partido Comunista da Unión Soviética.
1930: Sae en Ourense o diario "Galicia" para defender a política de Calvo Sotelo. Deixará de publicarse no 1937.
1977: Primeiras eleccións democráticas en España despois da morte de Francisco Franco.
Anuncio do 15 de xuño de 1914
1983: Apróbase a Lei de Normalización Lingüística no parlamento galego.
1996: Morre Ella Fitzgerald, cantante de jazz.
~ ~ ~ ~ ~
Os belos camiño non levan lonxe.
Proverbio chinés
~ ~ ~ ~ ~

sábado, 14 de xuño de 2025

14 de xuño

En maio aínda a vella queima o tallo, e unha miguiña que lle quedou, para san Xoán a deixou.
~ ~ ~ ~ ~
Día Mundial do Doante de Sangue.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1777: O Congreso dos Estados Unidos adopta a bandeira do país.
1791: Primeira pedra do Hospital da Caridade da coruñesa Teresa Herrera.
1846: California sepárase do México e tórnase unha república independente.
1864: Nace Alois Alzheimer, médico alemán.
1900: Hawaii tórnase territorio dos Estados Unidos. Morre na Coruña o naturalista Victor López Seoane.
1913: Fúndase o Real Racing Club de Santander.
1920: Morre Max Weber, sociólogo alemán.
1928: Nace Ernesto Che Guevara, revolucionario cubano, nado en Arxentina.
1936: Morre Gilbert Keith Chesterton, escritor inglés.
1940: No transcurso da Segunda Guerra Mundial, o exército alemán entra en París.
1946: Nace Donald Trump, empresario estadounidense.
1965: Nace Paco Lodeiro, nado en Caracas, músico, humorista e presentador de televisión galego.
1968: Morre Salvatore Quasimodo, escritor italiano, Premio Nobel de Literatura.
Vida social do 14 de xuño de 1914
1969: Nace Steffi Graf, tenista alemá, Premio Príncipe de Asturias dos Deportes en 1999.
1982: En Balaídos ten lugar, por primeira vez en Galicia, un encontro dun Mundial de Fútbol (Italia-Polonia 0-0).
1986: Morre Jorge Luis Borges, escritor arxentino.
1987: Sae á rúa o primeiro número do xornal Atlántico Diario.
~ ~ ~ ~ ~
Á sombra do merito crece a envexa.
Leandro Fernández de Moratín
~ ~ ~ ~ ~