Amosando publicacións coa etiqueta Xuño. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xuño. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de xuño de 2025

30 de xuño

San Pedro e san Simón traen a chave do trebón. Asi como eles son santos, traian os trebóns mansos.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1520: Os aztecas gobernados por Cuitláhuac expulsan da cidade de Tenochtitlan aos conquistadores españoles, na chamada Noite Triste.
1906: Nos Estados Unidos, o presidente Theodore Roosevelt asina unha lei que autoriza ao goberno federal a inspeccionar as industrias alimentarias e obriga aos fabricantes a especificar a lista de ingredientes.
1908: Na Siberia (Rusia) rexístrase unha xigantesca explosión (Evento de Tunguska) que se cre causada por un meteorito.
1924: Nace Eduardo Haro Tecglen, xornalista español.
1934: Na Alemaña, Adolf Hitler ordena a «purga» dos principais dirixentes da Sturmabteilung, que terá lugar durante a noite deste día e a madrugada do 1 de xullo. É a Noite dos coitelos longos.
1938: Action Comics publica a primeira historieta de Superman.
1965: Nace José Mota, humorista español.
1966: Nace Mike Tyson, boxeador estadounidense.
1985: Nace Michael Phelps, nadador estadounidense.
Anuncio do 30 de xuño de 1914
1997: No Hong Kong (China) caduca o tratado de Nankín e a península deixa de pertencer ao Reino Unido.
2005: O Congreso dos Deputados de España aproba definitivamente a lei que autoriza o matrimonio civil entre persoas do mesmo sexo.
~ ~ ~ ~ ~
Algúns escoitan coas orellas, algúns co estómago, algúns co peto e algúns non escoitan nada.
Khalil Gibrán
~ ~ ~ ~ ~


domingo, 29 de xuño de 2025

29 de xuño

Ata o san Pedro, o viño ten medo.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
67: Morre San Pedro, o primeiro Papa.
1900: Nace Antoine de Saint-Exupéry, escritor francés e aviador.
1929: Alexander Fleming descobre a penicilina.
~ ~ ~ ~ ~
Mesmo sendo casto como o xeo e puro como a neve, non por iso escaparás da calumnia.
William Shakespeare
~ ~ ~ ~ ~

Anuncio do 29 de xuño de 1914

sábado, 28 de xuño de 2025

28 de xuño

Con pan ou sen pan, o que non morra vivirá por san Xoán.
~ ~ ~ ~ ~
Noite das fogueiras de San Pedro.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1389: Forzas otomanas arrasan os exércitos da Europa cristiá en Kosovo, abrindo camiño para a conquista otomana do Sudeste europeo.
1712: Nace Jean-Jacques Rousseau, filósofo suizo.
1914: No Atentado de Saraievo (Bosnia) é asasinado o Archiduque Francisco Fernando, herdeiro ó trono austro-húngaro. Este foi o desencadeante da I Guerra Mundial.
1936: Plebiscito do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia.
1969: Rebelión de Stonewall. Grupos de homosexuais e transexuais fan fronte ás agresións policiais nun local de New York. Isto deu pé á conmemoración deste día como o do orgullo gai.
~ ~ ~ ~ ~
A xuventude dun ser humán non se mide polos anos que ten, senon pola curiosidade que almacena.
Salvador Pániker
~ ~ ~ ~ ~

Nova do 28 de xuño de 1914

venres, 27 de xuño de 2025

27 de xuño

No mes de san Xoán, pícanlle as pulgas no rabo ó can.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1931: A Xunta Revolucionaria, reunida en Compostela e comandada por Alonso Ríos, declara a I República Galega, que apenas durará unhas horas.
1984: A Federación Galega de Xadrez inscribe os seus Estatutos tras o traspaso das competencias de deportes á Xunta de Galicia.
~ ~ ~ ~ ~
O home está sempre disposto a negar todo aquilo que non comprende.
Blaise Pascal
~ ~ ~ ~ ~
Nova do 27 de xuño de 1914

xoves, 26 de xuño de 2025

26 de xuño

Polo san Xoán rapa o carneiro a la.
~ ~ ~ ~ ~
Día Internacional da Loita contra o emprego indebido e o tráfico ilícito de drogas
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1541: Morre Francisco Pizarro, conquistador español do Perú.
1892: Nace Pearl S. Buck, escritora estadounidense, Premio Nobel de Literatura.
1908: Nace Salvador Allende, presidente de Chile.
1945: Representantes de 50 países asinan en San Francisco a Carta das Nacións Unidas.
2016: Falece de xeito repentino aos 43 anos Diego García-Muñoz, vicepresidente do CIDU e de INCUDE.
~ ~ ~ ~ ~
Todo o que pode ser malinterpretado, é mal interpretado sempre.
Dale Carnegie
~ ~ ~ ~ ~
Anuncio do 26 de xuño de 1914

mércores, 25 de xuño de 2025

25 de xuño

Entre san Xoán e san Pedro, cinco días van no medio.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1804: Arriba ao Yucatán a corbeta María Pita da Expedición da variola.
1852: Nace Antoni Gaudí, arquitecto español.
1870: A raíña Isabel II de España abdica do trono español.
1876: Os sioux derrotan ao xeral Custer en Little Big Horn.
1963: Nace George Michael, cantante.
1971: Inaugúrase en Santiago o Instituto da Lingua Galega.
1975: Mozambique consegue a independencia de Portugal.
1975: Nace Albert Costa, xogador español de tenis.
1975: Nace Vladímir Krámnik, xadrecista ruso.
Nova do 25 de xuño de 1914
1982: Israel: o premio Nobel da Paz, Menachem Begin, pronuncia o seu famoso discurso onde afirma que "os palestinos non son seres humanos, son bestas que camiñan a dúas patas".
1990: A Asociación de Entidades Culturais e Deportivas de Galicia, federación promovida por Palaestra é inscrita no rexistro.
1997: Morre Jacques-Yves Cousteau, explorador, científico e inventor.
~ ~ ~ ~ ~
Comete tres veces a mesma falta e remarás por creer que fas o correcto.
Proverbio xudeu
~ ~ ~ ~ ~

martes, 24 de xuño de 2025

24 de xuño

A auga de San Xoán leva o viño e tolle o pan.
~ ~ ~ ~ ~
En Galicia celébrase a festividade de San Xoán con fogueiras e festas.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1894: Creación do Comité Olímpico Internacional en París, polo barón Pierre de Coubertin.
1907: Nace Xaquín Lorenzo, na cidade de Ourense.
1927: Joaquín Loriga Taboada aterra co seu avión no Monte do Toxo (Lalín), sendo a primeira aeronave que o fai en Galiza.
~ ~ ~ ~ ~
Tómome conceptos como a honra e a lealdade moi seriamente. 
É máis importante para min que calquera cousa materialista ou a fama que puidese ter.
Lloyd Banks.
~ ~ ~ ~ ~

luns, 23 de xuño de 2025

23 de xuño

A auga de San Xoán leva o viño e tolle o pan.
~ ~ ~ ~ ~
En Galicia celébrase a festividade de San Xoán con fogueiras e festas.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1894: Creación do Comité Olímpico Internacional en París, polo barón Pierre de Coubertin.
1907: Nace Xaquín Lorenzo, na cidade de Ourense.
1924: Nace na Coruña o arquitecto Andrés Fernández-Albalat Lois.
1927: Joaquín Loriga Taboada aterra co seu avión no Monte do Toxo (Lalín), sendo a primeira aeronave que o fai en Galicia.
~ ~ ~ ~ ~
Se a morte fose un ben, os deuses non serían inmortais.
Anuncio do 23 de xuño de 1914
Safo
~ ~ ~ ~ ~

domingo, 22 de xuño de 2025

22 de xuño

O que xexúa en san Xoán, ou é parvo ou non ten pan.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1633: Remata o xuízo da Inquisición Romana a Galileo Galilei.
1808: Sae o primeiro número do xornal Diario de La Coruña por iniciativa da Junta Suprema de Galicia e dirixido por Manuel Pardo de Andrade.
1872: Morre Juana de Vega.
1890: O Liceo de Betanzos organiza unha manifestación en honra a Isaac Peral.
Opinión do 22 de xuño de 1914
1956: En Buenos Aires créase a Asociación Galega de Universitarios, Escritores e Artistas (AGUEA). En 2021 fúndase unha entidade de igoal nome na Coruña.
~ ~ ~ ~ ~
É preciso que os homes sexan escravos do deber.
Do contrario, serán escravos da forza.
Joseph Joubert
~ ~ ~ ~ ~


















sábado, 21 de xuño de 2025

21 de xuño

De San Xoán prás Navidás, os días van pra atrás.
~ ~ ~ ~ ~
O 21 de xuño ten lugar o solsticio de inverno no hemisferio sur e o solsticio de verán no hemisferio norte.
Día Europeo da Música.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1527: Morre Niccolò Machiavelli, historiador, filósofo e político italiano.
1935: Nace Françoise Sagan, escritora francesa.
1939: Nace Domingos Merino, político e xadrecista galego.
1947: Nace Fernando Fernández-Savater Martín, filósofo e escritor español.
2002: Fundación do Club Ludo
~ ~ ~
Quen busque o infinito, que peche os ollos.
Milan Kundera
~ ~ ~ ~ ~
Anuncio do 21 de xuño de 1914

venres, 20 de xuño de 2025

20 de xuño

O polo de xaneiro, polo san Xoán está comedeiro.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1897: José Sellier roda a primeira cinta galega, Enterro do Xeral Sánchez Bregua
1898: Estados Unidos apodérase das Illas Marianas pertencentes a España.
1967: Nace Nicole Kidman, actriz estadounidense.
2015: Organízase o I Memorial Marco, en honra a quen foi o capitán dos equipos inferiores de béisbol en Palaestra.
~ ~ ~ ~ ~
Os iñorantes son moitos, os parvos son infinitos. 
Quen tivera a maioría da súa parte sería señor do mundo enteiro.
Baltasar Gracián
~ ~ ~ ~ ~
Nova do 20 de xuño de 1914

xoves, 19 de xuño de 2025

19 de xuño

Hastra San Xoan, toda a herba é pan.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1802: Da Coruña sae para Venezuela Simón Bolivar, que casara uns dias antes e levaba unha semana na cidade visitando a parentes da súa muller.
1846: Primeiro partido de béisbol en New Jersey, Estados Unidos.
1971: Nace José Emilio Amavisca, futbolista español.
1975: Nace Pedro Munitis, futbolista español.
1978: Publícase a primeira tira cómica de Garfield.
1993: Morre William Golding, escritor británico, premio Nobel de Literatura en 1983.
1996: Sae oficialmente á luz en Arxentina a variante do xadrez coñecida como xadrez aleatorio, de Bobby Fischer.
~ ~ ~ ~ ~
Nova do 19 de xuño de 1914
Debemos valorar a opinión dos parvos.
Son maioría.
Lev Tolstoi
~ ~ ~ ~ ~

mércores, 18 de xuño de 2025

18 de xuño

En san Xoán, tanto queixo coma pan.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1738: Nace en Noia o escultor José Ferreiro.
1778: Primeira pedra da Igrexa da Peregrina en Pontevedra.
1815: Napoleón Bonaparte é derrotado na Batalla de Waterloo polo Duque de Wellington
1897: Nace Roxelio Pérez González, mestre e pedagogo galego.
1903: Conferencia de Unamuno no Circo de Artesanos na Coruña.
1929: Nace Jürgen Habermas, pensador e filósofo alemán.
1936: Morre Maxim Gorki, escritor ruso.
2010: Morre José Saramago, escritor Premio Nobel de Literatura.
~ ~ ~ ~ ~
Os cartos non poden facernos felices; pero é o único que nos compensa de non selo.
Jacinto Benavente
~ ~ ~ ~ ~





Nova do 18 de xuño de 1914















martes, 17 de xuño de 2025

17 de xuño

Coa auga en san Xoán xa se revolve o lobo ó can.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1854: Nace na Coruña o insigne matemático Joaquin Durán Loriga.
1898: Nace M. C. Escher debuxante e artista.
1929: Nace Tigran Petrosian, xadrecista armenio.
1944: Islandia independízase de Dinamarca
1975: Nace Juan Carlos Valerón, futbolista español.
~ ~ ~ ~ ~
Todos os homes poden caer nun erro.
Só os parvos continúan nel.
Cicerón
~ ~ ~ ~ ~















Fragmento de xornal do 17 de xuño de 1914








luns, 16 de xuño de 2025

16 de xuño

En san Xoán, o raposiño come pola súa man.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1313: Nace Giovanni Boccaccio, escritor e poeta italiano.
1595: Parte do porto de El Callao a segunda expedición de Álvaro de Mendaña.
1866: Terminan as obras do Hospital Militar da Coruña.
1947: Nace Fernando Ónega, xornalista lucense.
1989: Asínase a acta fundacional da Asociación Galega de Axedrecistas (AGAX)
~ ~ ~ ~ ~
A vellez non é tan mala, se temos en conta a alternativa.
Maurice Chevalier
~ ~ ~ ~ ~
Publicado o 16 de xuño de 1914

domingo, 15 de xuño de 2025

15 de xuño

En san Xoán, encéndese a fogueira e canta o can.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1219: Dinamarca adopta a súa bandeira nacional, a máis antiga de Europa.
1752: Benjamin Franklin realiza un experimento para demostrar que os raios son electricidade elevando unha cometa durante unha tormenta.
1899: Nace Federico García Lorca, poeta e dramaturgo.
1914: Nace Yuri Andropov, Secretario Xeral do Partido Comunista da Unión Soviética.
1930: Sae en Ourense o diario "Galicia" para defender a política de Calvo Sotelo. Deixará de publicarse no 1937.
1977: Primeiras eleccións democráticas en España despois da morte de Francisco Franco.
Anuncio do 15 de xuño de 1914
1983: Apróbase a Lei de Normalización Lingüística no parlamento galego.
1996: Morre Ella Fitzgerald, cantante de jazz.
~ ~ ~ ~ ~
Os belos camiño non levan lonxe.
Proverbio chinés
~ ~ ~ ~ ~

sábado, 14 de xuño de 2025

14 de xuño

En maio aínda a vella queima o tallo, e unha miguiña que lle quedou, para san Xoán a deixou.
~ ~ ~ ~ ~
Día Mundial do Doante de Sangue.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1777: O Congreso dos Estados Unidos adopta a bandeira do país.
1791: Primeira pedra do Hospital da Caridade da coruñesa Teresa Herrera.
1846: California sepárase do México e tórnase unha república independente.
1864: Nace Alois Alzheimer, médico alemán.
1900: Hawaii tórnase territorio dos Estados Unidos. Morre na Coruña o naturalista Victor López Seoane.
1913: Fúndase o Real Racing Club de Santander.
1920: Morre Max Weber, sociólogo alemán.
1928: Nace Ernesto Che Guevara, revolucionario cubano, nado en Arxentina.
1936: Morre Gilbert Keith Chesterton, escritor inglés.
1940: No transcurso da Segunda Guerra Mundial, o exército alemán entra en París.
1946: Nace Donald Trump, empresario estadounidense.
1965: Nace Paco Lodeiro, nado en Caracas, músico, humorista e presentador de televisión galego.
1968: Morre Salvatore Quasimodo, escritor italiano, Premio Nobel de Literatura.
Vida social do 14 de xuño de 1914
1969: Nace Steffi Graf, tenista alemá, Premio Príncipe de Asturias dos Deportes en 1999.
1982: En Balaídos ten lugar, por primeira vez en Galicia, un encontro dun Mundial de Fútbol (Italia-Polonia 0-0).
1986: Morre Jorge Luis Borges, escritor arxentino.
1987: Sae á rúa o primeiro número do xornal Atlántico Diario.
~ ~ ~ ~ ~
Á sombra do merito crece a envexa.
Leandro Fernández de Moratín
~ ~ ~ ~ ~