mércores, 13 de novembro de 2024

13 de novembro

Do novo viño bota un traguiño polo san Martiño.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1460: Morre Henrique o Navegante, príncipe portugués.
1832: Nace Eugenio Montero Ríos, político galego.
1850: Nace Robert Louis Stevenson, novelista escocés.
1914: Nace Julio Caro Baroja, antropólogo, historiador, lingüista e ensaísta español.
1923: Nace Pío Cabanillas, avogado e político español.
Nova do 13 de novembro de 1914
1985: Armero, poboación de 30.000 habitantes no Departamento de Tolima, Colombia, é borrada do mapa por unha avalancha ocasionada polo desxeo do Nevado del Ruiz. A traxedia deixa 25.000 mortos.
2002: Rompe un tanque de fuel do petroleiro Prestige a 27 millas das costas de Galicia. Finalmente afundiu o 19 de novembro, provocando a maior marea negra en España.
2010: Morre Luis García Berlanga, director e guionista de cinema español.
~ ~ ~ ~ ~
Non esquezas que a túa misión no mundo, por insignificante que che pareza, é, con todo, insubstituíble. 
Xoan O Presbítero.
~ ~ ~ ~ ~












Ningún comentario: