Amosando publicacións coa etiqueta Novembro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Novembro. Amosar todas as publicacións

sábado, 30 de novembro de 2024

30 de novembro

Bendito mes, que empeza con Santos e acaba con San Andrés.
~ ~ ~ ~ ~
Día de San Andrés, patrono de Teixido, Escocia e Rusia.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
538: Nace Gregorio de Tours, Bispo, santo católico e historiador francés.
1232: Conságrase a Catedral de Tui.
1508: Nace Andrea Palladio, arquitecto paduano.
1509: Alonso III de Fonseca toma pose como arcebispo de Compostela.
1667: Nace Jonathan Swift, escritor satírico irlandés (As viaxes de Gulliver).
Sucesos do 30 de novembro de 1914
1803: Sae da Coruña a expedición para levar vacinas a Canarias e América dirixida por Francisco Javier Balmis.
En Nova Orleáns o gobernador español Manuel de Salcedo e o Marqués de Casa Calvo transfiren o territorio de Luisiana ao representante francés. Vinte días máis tarde, Francia venderá estas mesmas terras a Estados Unidos.
1817: Nace Theodor Mommsen, historiador alemán.
1835: Nace Mark Twain (Samuel Langhorne Clemens), escritor estadounidense.
1874: Nace Winston Churchill, primeiro ministro e escritor británico.
1900: Morre Oscar Wilde, novelista, dramaturgo, crítico literario e poeta irlandés.
1916: O ministro do interior turco Rafet Bey escribe: Temos que acabar cos gregos como o fixemos cos armenios o 28 de novembro.
1943: Na Conferencia de Teherán os presidentes aliados fixan o Día D.
1943: Fundación do Instituto de Estudios Gallegos "Padre Sarmiento", dependente do CSIC, a partir dos fondos expoliados do Seminario de Estudos Galegos.
1947: Morre Ernst Lubitsch, director de cine estadounidense de orixe alemá.
1954: En Sylacauga (Alabama), un meteorito de 3,8 kg de sulfuro atravesa o teito, destrúe unha radio no salón, rebota e golpea a Elizabeth Hodges no ventre. É o único caso coñecido dunha persoa golpeada por unha pedra do espazo.
1982: Primeira viaxe pastoral dun Papa a España (Xoán Paulo II).
~ ~ ~ ~ ~
Ignoramos a nosa verdadeira estatura ata que nos pomos en pé. 
Emily Dickinson.
~ ~ ~ ~ ~

venres, 29 de novembro de 2024

29 de novembro

Cando Santos acaba, o inverno empeza.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1877: Thomas Edison demostra, por primeira vez, o fonógrafo, primeiro aparello de grabación sonora
1924: Morre Giacomo Puccini, compositor clásico italiano.
1986: Morre Cary Grant, actor británico.
~ ~ ~ ~ ~
Todos os homes nacen iguais, pero é a última vez que o son. 
Abraham Lincoln.
~ ~ ~ ~ ~

Nova do 29 de novembro de 1914



























xoves, 28 de novembro de 2024

28 de novembro

De Santos a Nadal é o inverno natural.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1820: Nace Friedrich Engels, autor do Manifesto Comunista xunto a Karl Marx.
1908: Nace Claude Lévi-Strauss, antropólogo francés.
1912: Nace Eugenio Granell, pintor galego.
1928: Nace Xesús Alonso Montero, escritor vigués.
1936: Morre Pedro Muñoz Seca, escritor e dramaturgo español, fusilado polo bando gubernamental na Guerra civil española
~ ~ ~ ~ ~
Nova do 28 de novembro de 1914
Ter o carácter firme é ter unha longa e sólida experiencia dos desenganos e desgrazas da vida. 
Stendhal.
~ ~ ~ ~ ~












mércores, 27 de novembro de 2024

27 de novembro

Polo san Andrés hai porcos gordos para vender.
~ ~ ~ ~ ~
Día das Persoas sen Fogar.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1701: Nace Anders Celsius, astrónomo sueco creador da escala de temperatura Celsius.
1811: Morre Gaspar Melchor de Jovellanos, político e escritor español.
1868: O historiador galego Manuel Murguía é nomeado xefe do Arquivo Nacional de Simancas.
1894: Alfred Nobel asina o seu testamento no que institúe o fondo que fornecerá os famosos premios Nobel.
1940: Nace Bruce Lee, artista marcial e actor chinés-estadounidense.
1976: Morre Xesús Taboada Chivite, arqueólogo e etnógrafo.
~ ~ ~ ~ ~
Soamente a verdade é a que empuxou ao home cara á loita pola perfección, pola liberdade que é chegar á dignificación humana. 
Juvenal Gorth.
~ ~ ~ ~ ~
Nova do 27 de novembro de 1914

martes, 26 de novembro de 2024

26 de novembro

San Xoán trae o inferno e san Andrés o inverno.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
907: Segundo a tradición nace Rosendo de Celanova, abade, bispo, santo e conde galego.
1504: Morre Isabel I de Castela chamada a Católica ainda que mesmo estivo excomulgada. En su testamento inclúe unha cantidade para Fernando, por ter asignado o novo mundo á Castilla.
1865: Lewis Carroll envíalle o manuscrito de Alicia no país das marabillas a Alice Liddell.
1867: Nace Xosé Baldomir, compositor galego.
1922: Nace Charles Schulz, creador do Charlie Brown (Snoopy).
1924: Un temporal nas augas de Cariño (A Coruña) provoca o afundimento de varias lanchas e a morte de numerosos mariñeiros. Na súa honra cada verán unha procesión naval arrroxa frores no lugar dos afundimentos.
Nova do 26 de novembro de 1914
1941: Franklin Delano Roosevelt, presidente dos Estados Unidos, establece que o Día de Acción de Grazas será o cuarto xoves de novembro.
2003: Último voo comercial do avión supersónico Concorde.
2010: Morre Francisco Fernández del Riego, un dos máis destacados intelectuais da cultura galega do século XX.
2015: A Asociación Palaestra inicia o estudo para crear a Fundación Santalla.
~ ~ ~ ~ ~
Súfranse todas as cousas con suavidade de ánimo, sendo máis humana acción rirnos da vida que chorala. 
Seneca.
~ ~ ~ ~ ~

luns, 25 de novembro de 2024

25 de novembro

Polo san Andres agarra o porco polos pés, e se non o queres matar, déixao para Navidá.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1491: Establécese o sitio de Granada, último reduto mourisco na Península Ibérica.
1560: Morre Andrea Doria, almirante xenovés.
1562: Nace Lope de Vega, dramaturgo e poeta español.
1749: Morre Fernando de Casas Novoa, arquitecto galego.
1844: Nace Karl Benz, enxeñeiro alemán, inventor do automóbil.
1845: Nace José Maria Eça de Queirós, escritor portugués.
Anuncio do 25 de novembro de 1914
1867: Alfred Nobel inventa a dinamita.
1885: Morre o Rei Afonso XII de España.
1897: Decreto do goberno español que concede a autonomía a Cuba.
1914: Nace Joe DiMaggio, xogador de béisbol norteamericano.
1965: No Congo belga, o xeneral Joseph Mobutu destitúe ao presidente Joseph Kasavubu.
1970: No Xapón, o escritor Yukio Mishima e dous compatriotas cometen suicidio ritual após tentar un de golpe de estado.
1989: Estréase o filme Sempre Xonxa, fito da cinematografía en galego, dirixido por Chano Piñeiro.
1993: Morre Anthony Burgess, novelista británico.
~ ~ ~ ~ ~
A adulación é como a sombra; non vos fai máis grande nin máis pequenos. 
Proverbio Danés.
~ ~ ~ ~ ~

domingo, 24 de novembro de 2024

24 de novembro

Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1280: Un centenar de homes asasina aos franciscanos en Ourense e prenden lume ao seu convento.
1642: Abel Tasman descobre a illa de Tasmania, actualmente parte da Australia.
1632: Nace Baruch de Spinoza, filósofo.
1785: Cédula real creando o Consulado de Comercio da Coruña.
1858: Nace en Noia o coñecido mariño Luis Cadarso.
1859: Charles Darwin publica A orixe das especies.
Opinión do 24 de novembro de 1914
1963: Lee Harvey Oswald, asasino de John F. Kennedy, é asasinado en Dallas, Texas.
~ ~ ~ ~ ~
Todos somos os nosos antergos e os nosos herdeiros. 
Quen deseña honestamente o seu futuro, ilustra exemplarmente o seu pasado!. 
H. F. Hedge.
~ ~ ~ ~ ~

sábado, 23 de novembro de 2024

23 de novembro

Polo San Martiño péchase o camiño.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1221: Nace Afonso o Sabio, rei e escritor, en Toledo.
1248: Na toma de Sevilla destaca a actuación do mariño pontevedrés Paio Gómez Charino.
1879: Fúndase na Habana o Centro Galego.
1922: Nace Manuel Fraga Iribarne, político galego, en Vilalba, Lugo
1971: A República Popular China pasa a representar a China na ONU. Taiwán retírase da ONU.
~ ~ ~ ~ ~
Anuncio do 23 de novembro de 1914
Un ten que ser algo para poder facer algo.
Goethe.
~ ~ ~ ~ ~

venres, 22 de novembro de 2024

22 de novembro

San Xoán e san Martiño foron merendar ao camiño. 
San Xoán levou o pan e san Martiño o viño.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1890: Nace Charles de Gaulle, presidente de Francia
1916: Morre Jack London, escritor estadounidense.
1931: Nace Xohana Torres, escritora galega.
1936: Nace Camilo Nogueira Román, político e economista galego.
1963: John Fitzgerald Kennedy, presidente de Estados Unidos é asasinado en Dallas, Texas.
Opìnión do 22 de novembro de 1914
1963: Morre Aldous Huxley, escritor británico.
1967: Nace Boris Becker, tenista alemán.
1975: Xoán Carlos I de España xura o seu cargo como rei ante as Cortes.
1992: Nace Daniel Codesido, directivo de Palaestra, presidente do CIDU e expresidente da asociación universitaria INCUDE.
1996: Morre María Casares, actriz coruñesa que triunfou no exilio en Francia.
2000: Morre Emil Zátopek, atleta checo.
~ ~ ~ ~ ~
Un triunfo só senta aos mortos. 
Na vida sempre hai alguén pronto a reprocharnos as nosas debilidades. 
Marguerite Yourcenar.
~ ~ ~ ~ ~

xoves, 21 de novembro de 2024

21 de novembro

Planta a horta en San Martiño e plantarás para ti e o veciño.
~ ~ ~ ~ ~
Día Mundial da Televisión
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1694: Nace Voltaire, filósofo francés.
1922: Nace María Casares, actriz que triunfou no exilio en Francia.
2007: Morre Fernando Fernán Gómez, actor español.
~ ~ ~ ~ ~
Unha idea só vale cando aparece quen teña a enerxía e a habilidade para facela frutificar. 
Artigo do 21 de novembro de 1914
William Feathev.
~ ~ ~ ~ ~




























mércores, 20 de novembro de 2024

20 de novembro

En Santos, nevan os campos.
~ ~ ~ ~ ~
Día Universal do Neno.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1520: A expedición de Fernão de Magalhães remata a travesía do estreito que bautiza co seu nome.
1850: Nace Alfredo Vicenti, xornalista, médico e poeta galego.
1853: Nace Félix Estrada Catoyra, médico e ensaísta galego.
1910: Morre León Tolstoi, novelista ruso.
1936: Morre José Antonio Primo de Rivera, fundador de Falange Española, fusilado na cadea de Alacant polo goberno.
Nova do 20 de novembro de 1914
1945: Comezan os Xuízos de Nuremberg contra 24 criminais de guerra nazis e 8 organizacións hitlerianas.
1959: As Nacións Unidas aproban a Declaración dos Dereitos do Neno.
1975: Morre Francisco Franco, ditador de España.
~ ~ ~ ~ ~
Unha sociedade onde os mozos teñen só dereitos sen deberes, é unha sociedade condenada á destrución. 
R. P. Atcon.
~ ~ ~ ~ ~





















martes, 19 de novembro de 2024

19 de novembro

Sementeira na semana de San Román nin palla nin gran; sementeira na de Santa Baia, gran e mais palla.
~ ~ ~ ~ ~
Para algúns é o Día do Xadrez por Capablanca, pero non é o oficial..
Día Mundial da Hixiene.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1828: Morre Franz Schubert, compositor austriaco
1895: O estadounidense Frederick E Blaisdell patenta o lapis.
1917: Nace Indira Gandhi, primeira-ministra de India.
Nova do 19 de novembro de 1914
1942: Batalla de Stalingrado: forzas do xeneral Zukhov contra-atacan ás forzas alemás, revertendo a vantaxe para os soviéticos, na Segunda Guerra Mundial.
2002: Afundimento do petroleiro Prestige fronte ás costas da Galicia.
~ ~ ~ ~ ~
Ventos e ondas están sempre de parte do navegante experto. 
E. Giwon.
~ ~ ~ ~ ~



















luns, 18 de novembro de 2024

18 de novembro

Se no Samartiño non matas cocho ou año, coa fame levarate o diaño.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1307: Guillerme Tell disparou unha frecha á mazá colocada sobre a cabeza do seu fillo, comezando así a revolta que deu a Suíza a súa liberdade.
1541: Miguel Anxo finaliza o fresco do Xuízo final da Capela Sistina.
1787: Nace Louis Daguerre, francés, inventor do daguerrotipo (precursor da fotografía).
1922: Morre Marcel Proust, escritor francés.
1978: Suicidio colectivo en Jonestown, Güaiana de 913 adeptos do reverendo Jim Jones, creador da secta Templo do Pobo.
Nova do 18 de novembro de 1914
2012: O Cidu organiza a Copa Galicia de xadrez na categoría cadete.
~ ~ ~ ~ ~
Un pobo sen tradición é un pobo sen porvir. 
Alberto Lleras.
~ ~ ~ ~ ~

















domingo, 17 de novembro de 2024

17 de novembro

Por san Martiño e san Xudas, piñeiriña das túas uvas.
~ ~ ~ ~ ~
Santa Isabel de Hungría
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
159: Padecen martirio os santos galegos Anselmo e Victoria.
1558: Isabel I é coroada Raíña de Inglaterra.
1858: Morre Robert Owen, empresario e socialista galés.
1869: Inaugúrase o Canal de Suez.
1970: O robot soviético Lunokhod 1 aterra na Lúa, converténdose no primeiro dispositivo por control remoto en pousarse nun corpo celeste.
Nova do 17 de novembro de 1914
2013: Copa Galicia Absoluta de Xadrez no Sporting Club Casino.
~ ~ ~ ~ ~
Un libro fermoso é unha vitoria gañada en todos os campos de batalla do pensamento humano. 
Balzac.
~ ~ ~ ~ ~


















sábado, 16 de novembro de 2024

16 de novembro

Polo san Martiño, castañas e viño.
~ ~ ~ ~ ~
Día Internacional para a Tolerancia
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1876: Nace Manuel García Barros, Ken Keirades, mestre e escritor en lingua galega.
1922: Nace José Saramago, autor portugués gañador do Premio Nobel de Literatura en 1998.
1938: Fin da batalla do Ebro, na que morren 30.000 persoas e 20.000 son apresadas. O resultado, desfavorable para a República, marcará decisivamente o final da guerra civil española.
1945: Fúndase en Londres a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO.
2013: Copa Galicia Cadete e Torneo Maratón de Xadrez no Sporting Club Casino.
~ ~ ~ ~ ~

Sexamos escravos das leis para poder ser os amos da nosa liberdade. 
Cicerón.
~ ~ ~ ~ ~





























venres, 15 de novembro de 2024

15 de novembro

En abril, cátanos no cubil; en maio, xa son bo gallo; en san Xoán xa lle dou a carreira ó can; en santa Mariña xa vou pola cabritiña; en agosto xa vou co meu pai polo rostro; en Santos xa mato os bois nos campos e en xaneiro xa podo co carneiro.
~ ~ ~ ~ ~
Santo Alberte o Magno
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1533: Francisco Pizarro chega a Cuzco, Perú.
1630: Morre Johannes Kepler, astrónomo e matemático alemán.
1891: Nace Erwin Rommel, militar alemán.
1914: O Real Club Coruña e o Deportivo Auténtico xogan un partido que supón unha profunda fenda no deportivismo coruñés ao dividirse a xente entre quen apoia a directiva que mantiña un veto contra o Coruña e os que apoian aos xogadores que forman o equipo Auténtico.
2013: O CIDU organiza o Maratón de Xadrez-Copa Galicia.
2015: O CIDU organiza a Liga e Torneo de Outono.
~ ~ ~ ~ ~
As nosas ilusións non teñen límites; probamos mil veces a amargura do cáliz e, con todo, volvemos arrimar os nosos beizos ao seu bordo. 
Chateaubriand.
~ ~ ~ ~ ~

xoves, 14 de novembro de 2024

14 de novembro

No mes dos mortos mata os teus porcos.
~ ~ ~ ~ ~
Día Mundial da Diabetes.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1501: Henrique VIII de Inglaterra casa coa infanta Catarina de Aragón, filla dos Reis Católicos.
1738: Nace José Ferreiro, escultor neoclásico galego.
1886: Nace Florentino López Cuevillas, arqueólogo e escritor galego.
1985: A erupción do Nevado del Ruiz, nos Andes, soterra a cidade de Armero.
~ ~ ~ ~ ~
Nova do 14 de novembro de 1914
A maxia da lingua é o máis perigoso de todos os encantos. 
Edward George.
~ ~ ~ ~ ~