~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
907: Segundo a tradición nace Rosendo de Celanova, abade, bispo, santo e conde galego.
1504: Morre Isabel I de Castela chamada a Católica ainda que foi excomulgada.
1865: Lewis Carroll envíalle o manuscrito de Alicia no país das marabillas a Alice Liddell.
1867: Nace Xosé Baldomir, compositor galego.
1922: Nace Charles Schulz, creador do Charlie Brown (Snoopy).
1924: Un temporal nas augas de Cariño (A Coruña) provoca o afundimento de varias lanchas e a morte de numerosos mariñeiros. Na súa honra cada verán unha procesión naval arrroxa frores no lugar dos afundimentos.
![]() |
Nova do 26 de novembro de 1914 |
2003: Último voo comercial do avión supersónico Concorde.
2010: Morre Francisco Fernández del Riego, un dos máis destacados intelectuais da cultura galega do século XX.
2015: A Asociación Palaestra inicia o estudo para crear a Fundación Santalla.
~ ~ ~ ~ ~
Súfranse todas as cousas con suavidade de ánimo, sendo máis humana acción rirnos da vida que chorala.
Seneca.
~ ~ ~ ~ ~
Ningún comentario:
Publicar un comentario