venres, 1 de decembro de 2023

1 de decembro

No Nadal, alegrote, alegrote, que hai viño na cuba e chourizos no pote. 
~ ~ ~ ~ ~
Empeza o Nadal. Coma sempre este mes teremos diferentes actividades, nas Xornadas Lúdicas de Nadal.
~ ~ ~ ~ ~
É ó Día Mundial da Loita contra a Sida, que da a coñecer os avances contra o VIH/sida. Elixiuse o día 1 de decembro porque o primeiro caso de sida foi diagnosticado neste día en 1981.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1131: Morre Henrique I, rei de Inglaterra de 1100 a 1131.
1347: en Europa comeza a Peste Negra.
1640: en Portugal, Xoan IV é coroado Rei, provocando unha guerra con España.
1764: en Madrid, Carlos III inaugura o Palacio Real.
1822: Pedro IV de Portugal é coroado primeiro Emperador de Brasil.
1896: Nace Georgi Zhúkov, militar e político soviético.
1897: Nace Miguel Freta, tenor español.
1899: en Barcelona realízase a primeira carreira de automóbiles de España.
1918: Transilvania intégrase en Romanía.
1919: Lady Astor convértese na primeira muller en tomar posesión como deputada no Parlamento Británico.
1923: Nace Morris, historietista belga, creador de Lucky Luke.
1935: Nace Woody Allen, cineasta estadounidense.
1948: Costa Rica elimina o seu exército, sendo o primeiro país no mundo en facelo.
1955: en Montgomery (Alabama), Rosa Parks, unha costureira negra e activista polos dereitos dos negros en EE. UU., négase a ceder o asento nun autobús público a un branco, dando inicio á loita polos dereitos civís nese país.
Nova do 1 de nadal de 1914
1959: Nace Pascal Terry, piloto de motociclismo francés.
1975: Crease a primeira fraternidade universitaria latina nos USA, en New Jersey.
1978: publícase o primeiro número do Diario Oficial de Galicia.
1979: Morre Eduardo Blanco Amor, novelista galego.
1982: sae á venda Thriller de Michael Jackson, o disco máis vendido de todos os tempos.
1990: na Canle da Mancha (entre Inglaterra e Francia), a 40 metros de profundidade, atópanse os traballadores que construían o Eurotúnel.
2002: en Santiago de Compostela maniféstanse 200.000 persoas, convocadas pola organización Nunca Máis, para esixir responsabilidades pola mala xestión na crise do Prestige.
~ ~ ~ ~ ~
A memoria é o único paraíso do cal non podemos ser expulsados. 
Richter. 
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: