xoves, 30 de novembro de 2023

30 de novembro

Bendito mes, que empeza con Santos e acaba con San Andrés.
~ ~ ~ ~ ~
Día de San Andrés, patrono de Teixido, Escocia e Rusia.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
538: Nace Gregorio de Tours, Bispo, santo católico e historiador francés.
1232: Conságrase a Catedral de Tui.
1508: Nace Andrea Palladio, arquitecto paduano.
1509: Alonso III de Fonseca toma pose como arcebispo de Compostela.
1667: Nace Jonathan Swift, escritor satírico irlandés (As viaxes de Gulliver).
Sucesos do 30 de novembro de 1914
1803: Sae da Coruña a expedición para levar vacinas a Canarias e América dirixida por Francisco Javier Balmis.
En Nova Orleáns o gobernador español Manuel de Salcedo e o Marqués de Casa Calvo transfiren o territorio de Luisiana ao representante francés. Vinte días máis tarde, Francia venderá estas mesmas terras a Estados Unidos.
1817: Nace Theodor Mommsen, historiador alemán.
1835: Nace Mark Twain (Samuel Langhorne Clemens), escritor estadounidense.
1874: Nace Winston Churchill, primeiro ministro e escritor británico.
1900: Morre Oscar Wilde, novelista, dramaturgo, crítico literario e poeta irlandés.
1916: O ministro do interior turco Rafet Bey escribe: Temos que acabar cos gregos como o fixemos cos armenios o 28 de novembro.
1943: Na Conferencia de Teherán os presidentes aliados fixan o Día D.
1943: Fundación do Instituto de Estudios Gallegos "Padre Sarmiento", dependente do CSIC, a partir dos fondos expoliados do Seminario de Estudos Galegos.
1947: Morre Ernst Lubitsch, director de cine estadounidense de orixe alemá.
1954: En Sylacauga (Alabama), un meteorito de 3,8 kg de sulfuro atravesa o teito, destrúe unha radio no salón, rebota e golpea a Elizabeth Hodges no ventre. É o único caso coñecido dunha persoa golpeada por unha pedra do espazo.
1982: Primeira viaxe pastoral dun Papa a España (Xoán Paulo II).
~ ~ ~ ~ ~
Ignoramos a nosa verdadeira estatura ata que nos pomos en pé. 
Emily Dickinson.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: