~ ~ ~ ~ ~
Santoral: Santa Lucía.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1204: Morre Maimónides, filósofo hispano-hebreo.
1294: o papa Celestino V abdica logo de só cinco meses, porque desexa retornar á súa vida previa como asceta.
1466: Morre Donatello, escultor italiano.
1521: Nace Papa Sisto V.
1521: Morre Manuel I, rei de Portugal (1495-1521).
1545: Comeza o Concilio de Trento en Trento, Italia.

1797: Nace Heinrich Heine, poeta alemán.
1865: Nace Ángel Ganivet, escritor español.
1923: Nace Nati Mistral, actriz e cantante española.
1923: Nace Antoni Tàpies, pintor español.
1925: Morre Antonio Maura, estadista español.
1937: Durante a Segunda Guerra Chinesa-Xaponesa remata a Batalla de Nanjing coa vitoria das tropas xaponesas, dando comezo á Masacre de Nanjing.
1938: en España créase o ONCE (Organización Nacional de Cegos de España).
1944: Morre Wassily Kandinsky,pintor e teórico da arte rusa, precursor da abstracción na pintura e un dos artistas de mais sona do século XX.
1946: Tras unha resolución da ONU condenando o réxime franquista, comeza o periodo de illamento de España.
1962: a NASA lanza o Relay 1, primeira satélite repetidor de comunicacións.
![]() |
Anuncio decembro 1913 |
1981: na sede central da ONU, o peruano Javier Pérez de Cuéllar é elixido secretario xeral das Nacións Unidas
1983: Morre Mary Renault, escritora británica.
1995: o galego Camilo José Cela recibe o Premio Miguel de Cervantes.
2003: en Tikrit (Iraq) soldados estadounidenses capturan a Saddam Hussein.
2006: Morre Loyola de Palacio, política española.
2007: en EE. UU., o informe Mitchell presenta a lista de 89 beisbolistas das Grandes Ligas que supostamente consumiron esteroides e hormonas para o crecemento humano. Os máis notables son Roger Clemens e Miguel Tejada.
~ ~ ~ ~ ~
Nunca temas ás sombras. Só constitúen o indicio de que nalgún lugar próximo hai unha luz acesa.
Ruth Renkel
~ ~ ~ ~ ~
Ningún comentario:
Publicar un comentario