martes, 12 de decembro de 2023

12 de decembro

Nadal sen porco non veñan moitos.
~ ~ ~ ~ ~
Día de acción global contra o cambio climático
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
627: Batalla de Niníve. O exército bizantino de Heraclio derrota por completo ás forzas do xa persa Cosroes II, comandadas por Rhahzadh, pondo así fin ás Guerras Romano-Sasánidas.
1098: Matanza de marras no transcurso da Primeira Cruzada. Tras facer brecha nos seus muros, os famentos cruzados entran a sangue e lume, asasinando á maior parte dos seus 20.000 habitantes.
1325: en México, os aztecas fundan Tenochtitlan, capital do Reino Azteca.
1474: Isabel a Católica é proclamada raíña en Segovia.
1526: Nace Álvaro de Bazán, almirante español.
1812: os últimos invasores franceses sobreviventes abandonan Rusia.
1821: Nace Gustave Flaubert, novelista francés.
1882: Nace Akiba Rubinstein, xadrecista polaco.
1900: Max Planck expón a súa Teoría cuántica, base da Física moderna.
Anuncio de nadal de 1913
1901: Guiglielmo Marconi consegue a primeira comunicación radiofónica transatlántica entre Cornwall e San Xoán de Terranova.
1903: en España, o Congreso aproba o proxecto de lei que establece o descanso dominical.
1904: Premios Nobel: O dramaturgo José de Echegaray obtén o primeiro premio Nobel de Literatura concedido a un español.
1911: en India, o rei Jorge V do Reino Unido funda a cidade de Nova Deli. A capital trasládase dende Calcuta.
1915: en Berlín, Hugo Junkers presenta o primeiro avión totalmente metálico.
1915: Nace Frank Sinatra, cantante e actor estadounidense.
1924: en España, o autogiro de Juan da Cierva realiza as súas primeiras probas, nun traxecto desde Cuatro Vientos a Getafe.
1946: Nace Emerson Fittipaldi, automobilista brasileiro.
1979: Rhodesia cambia o seu nome polo de Cimbabue.
1989: Morre Carlos Barral, poeta, editor e político español.
1990: Morre Concha Piquer, cantante española.
2007: O Parlamento Europeo proclama e asina a Carta de Dereitos Fundamentais, un das principais innovacións do Tratado de Lisboa.
~ ~ ~ ~ ~
Nunca se dá tanto como cando se dá esperanzas. 
Anatole France.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: