venres, 15 de decembro de 2023

15 de decembro

Pola santa Lucía mengua a noite e medra o día.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
37: Nace Nerón, emperador romano.
130: Nace Lucio Vero, político e co-emperador romano.
1832: Nace Gustave Eiffel, enxeñeiro francés. Creador da Torre Eiffel.
1843: Nace Francisco Silvela, político e escritor español.
1844: Nace Arturo Soria, urbanista español.
1890: Morre Toro Sentado, xefe sioux.
1891: Estados Unidos: o profesor de educación física James Naismith, creou o baloncesto.
1892: Nace Jean Paul Getty, empresario estadounidense.
1902: Nace Paco Martínez Soria, actor español.
1907: Nace Óscar Niemeyer, arquitecto brasileiro.
1916: Primeira Guerra Mundial: setecentos mil combatentes, alemáns e aliados, morren na Batalla de Verdún.
1917: Firma do Tratado de Brest-Litovsk entre as Potencias Centrais e Rusia.
1927: Historia da aviación: O aviador americano Charles Lindbergh voa sen escalas de Washington a México (3.100 km) en 26 horas.
1930: España: o comandante Ramón Franco e o xeneral Gonzalo Queipo de Llano encabezan unha sublevación republicana en Cuatro Vientos que fracasa por falta de apoio.
1937: Comezo da Batalla de Teruel na Guerra Civil Española.
1941: Nace Don Johnson, actor, director estadounidense.
Anuncio de nadal de 1913
1944: Morre Glenn Miller, músico estadounidense.
1961: Israel: Adolf Eichmann é condenado á morte por un tribunal de Xerusalén, tras un xuízo no que foi acusado de xenocidio.
1966: Morre Walt Disney, debuxante e cineasta estadounidense.
1966: Fúndase en Galiza a Editorial SEPT, para o libro relixioso en galego.
1972: Nace Sete Gibernau, piloto de motos español.
1976: España leva a cabo un referendo sobre a reforma política que dá paso a un novo modelo político tras a ditadura de Franco. Comeza a democracia.
1982: España reabre a fronteira (ao paso peonil) coa cidade de Xibraltar, despois de 13 anos de bloqueo.
1983: Arxentina: Raúl Alfonsín crea a Comisión Nacional sobre a Desaparición de Persoas.
1995: Europa: Os estados membros da Unión Europea acordan en Madrid a creación dunha moeda común europea, o Euro.
1995: Morre Manuel Gutiérrez Mellado, militar e político español.
2000: Chernobyl: Foi apagado o último reactor en funcionamento, nunha cerimonia na que o presidente ucraíno Leonid Kuchma deu a orde directamente por teleconferencia.
~ ~ ~ ~ ~
Non hai que escribir senón no momento en que cada vez que mollas a pluma na tinta, un farrapo da túa carne queda no tinteiro. 
Leon Tolstoi.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: