sábado, 16 de decembro de 2023

16 de decembro

De san Tomé a san Matías poden as noites cós días.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1485: Nace Catalina de Aragón, nobre española e reina consorte inglesa.
1770: Nace Ludwig van Beethoven, compositor alemán.
1773: en Boston (EE. UU.), un grupo de colonos disfrazados de indios mohawk escalan os navíos británicos cargados de caixas de té e arróxanas ao mar, o que supón o inicio da Revolución estadounidense.
1811: Nace Xoán Manuel Pintos Villar, escritor e lexicógrafo do Rexurdimento galego.
1811: en Nueva Madrid (Misuri), un terremoto cambia varios cursos da canle do río Misisipi.
1882: Nace Julio Camba, xornalista e escritor galego.
1902: Nace Rafael Alberti, poeta español.
1916: Morre Grigori Rasputin, vidente ruso (n. 1864).
1917: Nace Arthur C. Clarke, escritor británico.
1928: Nace Philip K. Dick, escritor estadounidense.
1877: en Barcelona realízase a primeira comunicación telefónica en España.
1935: en España constitúese a Fronte Popular, liderado por Manuel Azaña e formado por republicanos, socialistas, comunistas e nacionalistas vascos.
1943: Nace Steven Bochco, cineasta estadounidense.
1957: Nace Antonio Vega, músico español.
Anuncio do 17 de nadal de 1913
1971: O Paquistán recoñece a independencia do Bangladesh, antigo Paquistán Oriental.
1989: Comeza unha revolución en Timisoara, Romanía, que leva ó derrumbe do ditador Nicolae Ceausescu
1990: Jean-Bertrand Aristide é elixido presidente de Haiti despois de 30 anos de ditadura.
1997: en Xapón 685 nenos son hospitalizados, vítimas de ataques epilépticos, por presenciar un episodio de Pókemon, xa que o cambio rápido entre as cores vermello e azul nunha escena provocoulles convulsións que deron lugar a unha epilepsia fotosensitiva.
2003: En Barcelona o parlamento catalán elixe a Pasqual Maragall presidente da Generalitat de Catalunya.
~ ~ ~ ~ ~
Non hai maior dor que recordar na miseria o tempo feliz. 
Dante.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: