luns, 21 de decembro de 2020

21 de decembro

Por Nadal, cada ovella ó seu corral.
~ ~ ~ ~ ~
Chegou o solsticio de inverno, que corresponde ao instante en que a posición do Sol no ceo atópase á maior distancia angular negativa do ecuador celeste. Dependendo da correspondencia co calendario, o evento do solsticio de inverno ten lugar entre o 20 de decembro e o 23 de decembro todos os anos no hemisferio norte, e entre o 20 de xuño e o 23 de xuño no hemisferio sur.
~ ~ ~ ~ ~
Feira do Capón de Vilalba
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
69: en Roma, o Senado nomea emperador a Vespasiano, tras a derrota de Vitelio o día anterior.
1118: Nace Tomás Becket, santo e mártir inglés da Igrexa católica.
1121: Dona Urraca entrega a Xelmírez as Torres do Oeste, que gardan o fondo da ría de Arousa.
1375: Morre Giovanni Boccaccio, escritor e humanista italiano.
1471: Os portugueses descobren a illa de San Tomé
1511: o dominico español Frei Pedro de Córdoba realiza a primeira denuncia contra os malos tratos aos indios no Novo Mundo.
1890: Buffalo Bill chega a Barcelona co circo no que demostra as súas habilidades durante a súa xira por Europa.
1898: Marie e Pierre Curie descobren o radio
1901: en Noruega, as mulleres participan por primeira vez no mundo en eleccións comunais.
Noticia de 21 de nadal de 1913
1903: nos Países Baixos, o Senado adopta unha lei para protexer aos traballadores dos accidentes laborais.
1937: Estréase Brancaneves e os sete ananiños, o primeiro filme de animación producido por Walt Disney Pictures
1940: Morre Francis Scott Fitzgerald, escritor estadounidense.
1940 - Sae á venda o primeiro número do Capitán América, personaxe de cómic.
1959: en Madrid, o presidente estadounidense Dwight Eisenhower visita ao ditador Francisco Franco; máis dun millón de persoas saen á rúa para recibilo.
1960: Nace Loquillo (José María Sanz Beltrán), músico español de rock.
1980: Referéndase o segundo Estatuto de Autonomía de Galicia, no que se define o noso país como Nacionalidade Histórica
2002: Morre José Hierro, poeta español.
~ ~ ~ ~ ~
Os que en realidade aman a vida son aqueles que están a envellecer. 
Sófocles.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario