~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1073: Morre Santo Domingo de Silos, relixioso español.
1851: Nace Isabel de Borbón e Borbón, A Chata, filla da raíña Isabel II.
1907: Estreáse no Gran Teatro da Habana o Himno Galego perante máis de mil persoas que enchían a platea e palcos.
1909: a reivindicación do descubrimento do Polo norte por Frederick Cook é rexeitada por unha comisión de expertos.
1925: Nace Oriol Bohigas, arquitecto español.

1946: Nace Dick Wolf, produtor estadounidense.
1946 - Batalla de Cambedo, exterminio bélico da guerrilla antifranquista da Raia Seca por militares portugueses e españois nesta aldea do concello de Chaves.
1948: Nace Alan Parsons, produtor, compositor e enxeñeiro de son británico.
1960: a Biblioteca Nacional de España compra o códice do Cantar de Mío Cid.
1963: Nace Elena de Borbón e Grecia, infanta de España.
1968: Morre John Steinbeck, novelista estadounidense, Premio Nobel de Literatura en 1962.
![]() |
Anuncio 20 de nadal de 1913 |
1975: Nace Ignacio Escolar, xornalista e blogueiro español.
1975: Os últimos soldados españois abandonan o Sáhara Occidental, tras a ocupación marroquí.
1996: Morre Carl Sagan, astrónomo estadounidense.
1999: Portugal devólvelle Macau á República Popular China.
Nada nos engana tanto como o noso propio xuízo.
Leonardo da Vinci.
~ ~ ~ ~ ~
Ningún comentario:
Publicar un comentario