~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1571: Nace Johannes Kepler, astrónomo alemán descubridor das leis do movemento dos planetas.
1586: Nace Francisco de Moncada, político e escritor español.
1703: Portugal e Inglaterra asinan o Tratado de Methuen polo que os viños portugueses conseguen a súa posición de monopolio no mercado británico.
1763: Tratado de París, polo que os británicos devolven Manila aos españois.

1822: Nace Louis Pasteur, químico francés.
1831: en Inglaterra, Charles Darwin parte no bergantín Beagle cara a América do Sur; esta viaxe permitiralle demostrar a súa famosa teoría sobre a evolución.
1870: en Madrid, o xeneral Juan Prim é vítima dun atentado. Alcanzado por varios disparos, morreu tres días despois.
1923: Morre Gustave Eiffel, enxeñeiro francés.
1934: Persia comeza a denominarse Irán, por disposición do seu goberno.
1943: Nace Joan Manuel Serrat, cantautor español.
1945: créase o Fondo Monetario Internacional.
1968: Volve á Terra o Apollo 8 logo de dar dez voltas arredor da Lúa.
1998: Morre Ricardo Tormo, motociclista español.
![]() |
Nova do 27 de nadal de 1914 |
2010: Morre Luís Mariñas, xornalista e presentador de televisión coruñés.
~ ~ ~ ~ ~
Ningún comentario:
Publicar un comentario