~ ~ ~ ~ ~
É o Día dos Santos Inocentes.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1065: Conságrase en Londres a abadía de Westminster.
1609: Filipe III decreta a expulsión dos mouriscos de Valencia. A orde foi proposta polo seu ministro de Estado, Andrés de Prada, natural de Valdeorras.
1819: Morre en Madrid o galego Juan José Caamaño y Pardo, marqués de Figueroa.

1836: España asina un tratado de paz, amizade e recoñecemento de independencia con México.
1852: Nace Leonardo Torres Quevedo, enxeñeiro e inventor español.
1856: Nace Woodrow Wilson, presidente estadounidense, premio Nobel da Paz en 1919.
1872: Nace Pío Baroja, novelista español.
1874: en Sagunto, Arsenio Martínez Campos proclama a Alfonso XII.
1879: Nace Armando Cotarelo Valledor, erudito, escritor en lingua galega.
1895: Os irmáns Louis e Auguste Lumière ofrecen a primeira exhibición pública da súa cinematógrafo.
1895: Wilhelm Röntgen presenta en Wurzburgo a súa primeira comunicación sobre os Raios X.
![]() |
Anuncio do 28 de nadal de 1913 |
1905: Nace Antón Fraguas Fraguas, historiador e antropólogo galego (m. 1999)
1922: en Valladolid estréase a comedia da coruñesa Pardo Bazán El becerro de metal.
1956: en España morren seis persoas ao descarrilar o expreso Madrid-Coruña.
1959: Nace Ana Torroja, cantante española (Mecano).
1972: en Berlín, o esqueleto descuberto durante unhas escavacións é identificado como o de Martin Bormann (lugartenente de Adolf Hitler).
1978: en España aparece publicada no BOE a nova Constitución.
1982: en España, o Congreso dos Deputados nomea defensor do pobo a Joaquín Ruiz-Giménez.
1984: en España entra en vigor a Lei de Obxección de Conciencia.
![]() |
Comentario do 28 de decembro de 1914 |
1995: en España acaba a serie televisiva Farmacia de Guardia, cun 63% de cota de pantalla e 11.527.000 espectadores, converténdose na serie máis vista da televisión nese país.
2007: Morre Xosé Cuíña, político español.
2010: en España, desaparece CNN+.
2013: Celébrase no MUNCYT o II Torneo de Nadal de Xadrez.
~ ~ ~ ~ ~
Pascal.
~ ~ ~ ~ ~
Ningún comentario:
Publicar un comentario