Porque Nadal posto non me atopou.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
771: Carlomán I morre, deixando ao seu irmán Carlomagno o reino franco.
1110: Primeira Cruzada: Os cruzados conquistan Sidón.
1248: Alfonso o Sabio, toma Alacant aos árabes e bautiza á súa fortaleza como de "Santa Bárbara".
1642: Morre Armand Richelieu, cardeal e ministro de Estado francés.
1769: Morre Thomas Hobbes, filósofo inglés.
1791: Publícase o primeiro exemplar de The Observer, o primeiro dominical da historia.
1840: Nace Cabalo Tolo, xefe dos Sioux Oglala.
1866: Nace Vasily Kandinsky pintor ruso.
1875: Nace en Praga (República Checa): Rainer Maria Rilke, escritor e poeta en lingua alemá.
1883: Morre Nicolás Taboada Leal, médico e cronista da cidade de Vigo.
1892: Nace Francisco Franco, dictador español
1913: Nace Matías Prats Cañete, xornalista español.
1918: Woodrow Wilson embarca para selar o tratado de Versalles da Primeira Guerra Mundial, converténdose no primeiro presidente estadounidense en viaxar a Europa durante o seu mandato.
Anuncio do 4 de nadal de 1913 |
1943: No marco da Segunda Guerra Mundial o lider partisano Josip Broz Tito proclama o goberno iugoslavo democrático no exilio.
1945: O Senado dos Estados Unidos aproba a entrada na Organización das Nacións Unidas.
1951: Morre Pedro Salinas, poeta e dramaturgo español.
1959: Un mono regresa á terra san e salvo despois de estar a 55 millas no espazo exterior.
1965: Nace Álex de la Iglesia, cineasta español.
1985: Declaración de Santiago de Compostela como Patrimonio da Humanidade.
Nova do 4 de nadal de 1914 |
1996: Lanzamento do Mars Pathfinder, primeira misión a Marte que incluía un rover.
2010: Declárase o estado de alarma en España, por primeira vez na democracia, coa finalidade de afrontar o caos aeroportuario.
~ ~ ~ ~ ~
Un sorriso é unha semente que crece no corazón e florece nos beizos.
Martha Stevenson.
~ ~ ~ ~ ~
Ningún comentario:
Publicar un comentario