sábado, 5 de decembro de 2020

5 de decembro

As festas do ano por onde quixeres, 
as Navidades, coas túas mulleres.
~ ~ ~ ~ ~
Este é o Día Internacional do Voluntariado para o Desenvolvemento Económico e Social foi decretado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1985. Desde entón, os gobernos, o sistema de Nacións Unidas e as organizacións civís uníronse de forma exitosa aos voluntarios de todo o mundo para celebrar este día o 5 de decembro.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1484: en Roma o papa Inocencio VIII publica a súa famosa bula, pola cal ordena á Inquisición perseguir ás bruxas no mundo coñecido.
1492: no mar Caribe, Cristóbal Colón arriba á illa Quisqueya (que el rebautizó La Española, onde actualmente atópase Haití e República Dominicana).
1791: Morre Wolfgang Amadeus Mozart, compositor austriaco.
1804: Nace Cesar Cantù, historiador e escritor italiano.
1870: Nace V. Novák, compositor checo.
1870: Morre Alejandro Dumas, novelista e dramaturgo francés.
1872: A tripulación do Dei Gratia, un barco que navegaba desde New York até Gibraltar, avistou o bergantín Mary Celeste preto das Azores. O capitán mandou a algúns dos seus homes ao Mary Celeste, para rexistralo e axudar no posible. Ao chegar ao barco, non atoparon a ningún dos tripulantes. A roupa duns e outros estaba ordenada nos seus respectivos caixóns; non atoparon o bote salvavidas, o sextante, o cronómetro nin a bitácora. O diario de navegación atopábase no cuarto do capitán; a última anotación era do día 24 de novembro, pero non sinalaba nada relevante. Segundo o diario, o tempo estivera revolto, pero ningunha outra circunstancia de gravidade. Foi un extraño caso de buque fantasma.
Anuncio do 5 de nadal de 1913
1890: Nace Fritz Lang, cineasta alemán.
1901: Nace Walt Disney, debuxante e cineasta estadounidense, fundador de The Walt Disney Company.
1905: Nace Otto Preminger, cineasta austríaco-estadounidense.
1926: Morre Claude Monet, pintor francés.
1930: A Real Academia Española da Lingua aproba o uso feminino dos substantivos que indiquen profesións ou cargos.
1933: en Estados Unidos abólese a Lei Seca, que prohibía a venda e consumo de bebidas alcohólicas e estivo en vigor durante 13 anos.
1941: o xeneral Zhúkov dirixe un contraataque para romper o cerco durante a batalla de Moscova.
1945: Cinco bombardeiros TBM Avenger da mariña dos Estados Unidos pérdense no Triángulo das Bermudas, o famoso caso do Voo 19.
Nova do 5 de nadal de 1914
1946: a ONU instálase definitivamente en New York.
1946: Nace José Carreras, cantante de ópera español.
1962: Estados Unidos e a URSS chegan a un acordo sobre a utilización pacífica do espazo.
1963: O Concilio Vaticano II aproba a introdución progresiva das linguas modernas na liturxia por medio da Constitución Sacrosanctum Concilium.
1974: Emítese o derradeiro episodio do Monty Python's Flying Circus na BBC.
1976: primeira aparición da ikurriña, aínda sendo ilegal, no campo de fútbol de Atocha nun partido entre Real Sociedade e Athletic de Bilbao.
1987: O cargueiro Cason, con 1.100 toneladas de produtos tóxicos, sofre un accidente nas costas de Fisterra.
2006: Nace a empresa Actividades Terme S. L.
~ ~ ~ ~ ~
Todo home ten dereito a que combatan con el lealmente. 
Chou Lai .
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario