luns, 1 de xaneiro de 2024

1 de xaneiro

Aninovo

En xaneiro, sete lobos polo carreiro.
~ ~ ~ ~ ~
En moitas partes de Galicia crese que os primeiros días do ano indican como será o resto do ano. As sortes son os primeiros doce días do mes de xaneiro e prognostican que vai acontecer durante cada mes do ano. Así, o tempo que fai o día 1 será o tempo que fará en xaneiro, o do día 2 corresponderá a febreiro, etc. As resortes son os doce días seguintes, do 13 ó 24, e serven para ratificar ou contradicir ó prognóstico que anunciaron as sortes. Hai quen di que hai que fiarse máis do que din as resortes.
~ ~ ~ ~ ~
A lúa de xaneiro, chamada lúa morta, é a mellor para matalo porco. A lúa crecente seguinte será a adecuada para salgalo se se quere que medre a carne na artesa. Nunca debe matarse con lúa chea porque o touciño se aluaría. Do mesmo xeito, durante a lúa morta de xaneiro non se deben poda-las viñas.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
46 a. C.: comeza a funcionar o calendario iuliano.
193: o emperador Cómodo é declarado inimigo de Roma polo Senado romano.
404: en Roma ten lugar a última competición coñecida entre gladiadores.
630: o profeta Mahoma diríxese á Meca co seu exército, e capturaraa sen derramar sangue.
1501: data que tradicionalmente consideramos como o final dos libros impresos chamados incunables.
1502: Américo Vespucio descobre a baía de Guanabara, onde logo fundaríase Río de Janeiro.
1504: entrada triunfal do exército español en Gaeta, co que remata a guerra por Nápoles entre as coroas francesas e hispanas.
1644: en Francia aparece a primeira publicación de Jean-Baptiste Poquelin na que firma baixo o alcume de Molière.
1818: Mary Shelley publica a súa novela Frankenstein, ou o Prometeo moderno.
1820: O tenente coronel Rafael del Riego érguese contra o absolutismo nas Cabezas de San Juán, (Sevilla), e proclama a Constitución de 1812.
1850: En España instáurase un novo sistema de correo con selos adhesivos.
Comentario do 1 de nadal de 1914
1863: Nace Pierre de Coubertin, pedagogo e historiador francés, promotor dos Xogos Olímpicos da era moderna.
1867: o químico sueco Alfred Nobel obtén por primeira vez dinamita de maneira industrial.
1879: Nace William Fox, produtor de cinema estadounidense de orixe húngara, fundador da Fox Filme Corporation, antecesora da 20th Century Fox.
1892: Ábrese Ellis Island, o máis famoso centro de inmigración dos Estados Unidos.
1899: O exército español entrega a illa de Cuba a Estados Unidos, que asumiu o seu goberno durante tres anos.
1916: Sae a revista mensual Suevia en Buenos Aires. Os contidos eran noticias galegas con críticas á situación social do país.
1943: No marco da Segunda Guerra Mundial, finaliza a longa batalla de Guadalcanal, coa vitoria dos estadounidenses sobre os xaponeses.
1944: Franco négase a recoñecer a república fascista de Salò, constituída por Mussolini.
1944: Erwin Rommel é nomeado subcomandante en xefe do grupo de exércitos en Francia.
1952: Javier de Borbón Parma autoproclamase rei ante un grupo de carlistas.
1959: En Cuba triunfa a rebelión socialista. O ditador Fulgencio Batista refuxiase nos Estados Unidos.
1965: Nace a segunda canle de Radiotelevisión española, a cal era coñecido historicamente por "o UHF", "A Segunda Cadea" ou "Cadea II" e nos 80 como TVE-2. Actualmente coñéceselle como a dúas.
Permítese en España a lectura directa do Evanxeo e as epístolas nas linguas vernáculas.
1996: Na noitevella celébrase o primeiro Torneo de Aninovo de Xadrez, xerme das Xornadas Lúdicas de Nadal de Palaestra.
~ ~ ~ ~ ~
Vivir na terra é caro, pero iso inclúe unha viaxe gratis ao redor do sol todos os anos.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: