martes, 2 de xaneiro de 2024

2 de xaneiro

A auga de xaneiro mata ao usureiro.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
533: Mercurio é proclamado Papa, e como o seu nome evocaba un deus pagán é o primeiro en trocar de nome para o papado adoptando Xoán II.
1492: en España, o Reino nazarí de Granada réndese ante o exército dos Reis Católicos, pondo fin á chamada Reconquista.
1793: en Austria, Wolfgang Amadeus Mozart estrea o seu Réquiem.
1829: o goberno mexicano decreta a expulsión dos españois residentes no país.
1830: Morre José Ferreiro, escultor galego.
1839: en Francia, o inventor Louis Daguerre toma a primeira fotografía da Lúa.
1871: en España, o rei Amadeo de Saboia xura solemnemente a Constitución.
1905: Port Arthur cae en poder dos xaponeses.
1918: un incendio no Palacio Real de La Granja de San Ildefonso (Segovia) destrúe numerosas obras de arte.
1920: Nace Isaac Asimov, científico e escritor estadounidense.
1926: en España, emítense diarios falados por primeira vez a través da radio, chamados A palabra.
1934: Nace Víctor García da Concha, filólogo e escritor español.
1984: no Golfo Pérsico a Armada iraquí ataca e destrúe cinco barcos iranianos.
1986: en Nicaragua decrétase o peche da emisora Radio Católica por negarse a transmitir o día anterior a mensaxe dirixida ao país polo presidente Daniel Ortega.
2000: Morre María das Mercés de Borbón e Orleans, condesa de Barcelona e nai do rei Juan Carlos I.
~ ~ ~ ~ ~
Non hai para o home máis que tres acontecementos: Nacer, vivir e morrer. Non sente nacer, sofre ao morrer, e esquece vivir.

Anuncio do 2 de xaneiro de 1914

~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: