venres, 19 de xaneiro de 2024

19 de xaneiro

Por san Sebaschán, a laranxa na man.
~ ~ ~ ~ ~
San Mario
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
379: O emperador romano Graciano encomenda ao xeneral Teodosio nado na provincia de Gallaecia a guerra contra os visigodos e lle otorga a dignidade imperial de sirmio.
385: Seis anos despois do anterior Teodosio é o novo emperador.
914: Reunidos en Leon os nobres e bispos galegos elixen como rei a Ordoño.
1809: As tropas francesas entran na Coruña e toman xuramento de lealtade ao rei José. Neste mesmo día nace Edgar Allan Poe, escritor estadounidense.
1839: Nace Paul Cézanne, pintor francés.
Anuncio de xaneiro de 1914
1865: Morre Pierre-Joseph Proudhon, pensador,
economista, sociólogo e revolucionario francés.
1921: Nace Patricia Highsmith, escritora estadounidense.
1930: Nace Uxío Novoneyra no Courel, escritor.
1943 Nace Siro López Lorenzo, debuxante e humorista.
1961: Nace Xavier Vence, político e economista galego.
1980: Nace Jenson Button, piloto inglés de Fórmula 1.
~ ~ ~ ~ ~
Quen invoca a amizade para obter descontos, poderá ser, talvez, un hábil comerciante, pero non un amigo. 
Mario Sarmiento 
~ ~ ~ ~ ~
 

Ningún comentario: