sábado, 20 de xaneiro de 2024

20 de xaneiro

As verzas de Fontán cóllense por san Sebaschán
~ ~ ~ ~ ~
San Sebastian e San Fabián
~ ~ ~ ~ ~
O que sexa meu amigo verdadeiro, véñame ver o vinte de xaneiro.
~ ~ ~ ~ ~
Cada catro anos este é o día da toma de posesión dos presidentes electos nos Estados Unidos desde 1937.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1716: Nace Carlos III de España.
1765: Inaugúrase na Coruña a Academia de Agricultura, primeira do Estado español.
1775: Nace André Marie Ampère, físico e matemático francés.
1850: Nace Bernardo Barreiro, historiador, xornalista e poeta galego.
1878: Morre na Coruña José Pascual López Cortón, mecenas dos primeiros xogos florais de Galicia.
1892: No ximnasio dun colexio de Springfield, Massachusetts, xógase o primeiro partido da historia de baloncesto (inventado polo canadense James Naismith).
Noticia do 20 de xaneiro de 1914
1920: Nace Federico Fellini, director de cine italiano.
1925: Nace Ernesto Cardenal, teólogo e político nicaraguano.
1936: Morre Xurxo V, rei do Reino Unido.
1983: Morre Manuel Francisco Dos Santos, "Garrincha", futbolista brasileiro.
1984: Morre Johnny Weissmüller, nadador e actor estadounidense (coñecido polos seus papeis de Tarzán).
1987: Nace Marco Simoncelli, piloto de motociclismo italiano.
1989: Xuntanza Fundacional da Asociación Hercle.
1993: Morre Audrey Hepburn, actriz.
~ ~ ~ ~ ~
Quen non corrixe ao seu fillo, non o ama. 
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: