~ ~ ~ ~ ~
San Ildefonso
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1619: Os irmáns Nodal, navegantes galegos chegan ao estreito de San Vicente, agora coñecido como de Le Maire.
1622: A inquisición de Cangas sentencia a confiscación dos bens da bruxa María de Solina, que deberá tamén abandonar a súa actividade.
1648: Morre Francisco de Rojas Zorrilla, dramaturgo español.
1719: Creación do Principado de Liechtenstein.
1783: Nace Stendhal, (Marie Henri Beyle), escritor francés.
1809: As campás da catedral de Tui tocan a rebato para convocar aos cidadans a ir a San Paio a enfrontarse cos franceses. En Ferrol o exército francés intima á rendición da praza.
1810: Os franceses avanzan doadamente por Andalucía e neste día apodéranse de Jaén e Córdoba.
1822: Promúlgase en España a Lei de Beneficencia.
1832: Nace Edouard Manet, pintor impresionista francés.
1855: O Goberno español anuncia ás Cortes a ruptura de relacións coa Santa Sé.
1878: O rei Afonso XII contrae matrimonio coa infanta María de las Mercedes de Orleans e Borbón, en Madrid.
1883: Morre Paul Gustave Dore, pintor e gravador francés.
1893: Morre José Zorrilla, dramaturgo español.
1896: Wilhelm Röntgen descobre os raios X.
1899: Nace Humphrey Bogart, actor estadounidense.
1902: A explosión en Vigo dunha caldeira do canoneiro Cóndor causa dous mortos e cinco feridos.
1918: Con motivo das restricións alimentarias comeza a funcionar en Francia a cartilla de pan.
Anuncio do 23 de xaneiro de 1914 |
1928: Morre María Guerrero, actriz española.
1931: Por acordo entre España e Portugal quedan abolidos os pasaportes entrambos países. Morre Anna Pavlova, bailarina rusa.
1932: Disólvese en España a Compañía de Xesús e os seus bens son expropiados.
1943 Os británicos toman Trípoli, na Libia, aos nazis, na Segunda Guerra Mundial. Winston Churchill e Theodore Roosevelt adoptan na Conferencia de Casablanca o principio de "rendición incondicional" e unha serie de accións militares para evitar un futuro rexurdimento militar alemán.
1944: Morre Edvard Munch, pintor noruegués.
1950: Xerusalén é declarada capital do Estado de Israel polo Parlamento Israelí.
1952: Restablécese o corpo de Mossos d'Esquadra da Deputación de Barcelona.
1954: O escritor estadounidense Ernest Hemingway sobrevive a dous accidentes de aviación, ocorridos en dous días consecutivos. Diferentes medios publicaron a falsa noticia da súa morte.
1983: O tenista sueco Björn Borg, pentacampeón de Wimbledon, anuncia a súa retirada.
1989: Morre Salvador Dalí, pintor catalán.
1995: Gregorio Ordóñez, candidato polo PP á alcaldía de San Sebastián, é asasinado pola ETA.
2003: Infórmase que máis de 5.100 civís e militares traballaron nas praias afectadas polo vertido do fuel do Prestige. Un batiscafo intenta pechar a única fuga que non se pechara na proa. A Xunta aproba o plan de dinamización económica-plan Galicia.
~ ~ ~ ~ ~
Se os que falan mal de min soubesen exactamente o que eu penso deles, falarían peor.
Sacha Guitry
~ ~ ~ ~ ~
Ningún comentario:
Publicar un comentario