mércores, 24 de xaneiro de 2024

24 de xaneiro

En xaneiro pon o alleiro.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1663: Un sepulcro atopado en Allariz é considerado como a tumba de Witiza, rei visigodo que se fixo cargo de mozo de gobernar o reino suevo.
1809: Un grupo de dous centos ferroláns saen da cidade e atacan ás vangardas do exército francés.
1859: Valaquia e Moldavia son unificadas para formar a Romanía
1886: Nace na Coruña o historiador Ángel del Castillo.
Noticia do 24 de xaneiro de 1914
1890: Remátase o grandioso edificio do Centro Galego de La Habana. Waldo Insua di que é un templo onde practicar a relixión do culto a Galicia.
1928: Nace Desmond Morris, zoólogo británico.
1958: Científicos británicos e estadounidenses anuncian que lograron unha fusión nuclear controlada.
1965: Morre Winston Churchill, estadista inglés. Nace Andreu Buenafuente, humorista catalán.
1977: Os GRAPO secuestran ó tenente xeral Villaescusa, presidente do Consello Supremo de Xustiza Militar.
1990: Publicación do Decreto 3/1990 polo que se segregan as Universidades da Coruña e Vigo da Universidade de Santiago
2003: O colectivo de mestres Area Negra (integrados en Nunca Máis) desprega unha cadea humana de 50.000 alumnos entre as localidades de Laxe e Muxía
~ ~ ~ ~ ~
Sempre soña e apunta máis alto do que sabes que podes lograr. 
William Faulkner 
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: