venres, 26 de xaneiro de 2024

26 de xaneiro

O besugo en xaneiro viste coma un cabaleiro.
~ ~ ~ ~ ~
O 26 de xaneiro conmemorase o Día Mundial da Educación Ambiental
~ ~ ~ ~ ~
En Australia, Día de Australia
~ ~ ~ ~ ~
Philip José Farmer, escritor estadounidense de ficción científica e fantasía, naceu o 26 de xaneiro de 1918. En moitas das súas obras aparecen personaxes coñecidos da historia ou da ficción. É o caso de The Other Log of Phileas Fogg (1973), que reenche as elipsis da coñecida novela A volta ao mundo en oitenta días. Outros personaxes que aparecen frecuentemente nas súas obras son os heroes pulp Tarzán e Doc Savage. A Serie Riverworld conta as aventuras de persoaxes tan diferentes entre si como Richard Francis Burton, Hermann Göring e Samuel Clemens (Mark Twain), xa que todos os seres humanos que viviron no pasado resucitan no val dun río.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
925: Morre en Ribas de Sil o bispo de Ourense San Ansurio.
1809: Os doctores do claustro de Santiago recoñecen como rei a José Bonaparte.
1824: Morre Théodore Géricault, pintor francés.
1841: O Reino Unido ocupa Hong Kong.
1880: Nace Douglas MacArthur, xeneral estadounidense.
1918: Nace Philip J. Farmer, escritor estadounidense.
1925: Nace Paul Newman, actor e director de cine estadounidense.
1926: John Logie Baird realiza a primeira demostración pública dun sistema de televisión.
1939: Na Guerra Civil Española, as tropas golpistas ocupan Barcelona.
1972: Morre Harry S. Truman, presidente estadounidense.
1986: Morre Pucho Boedo, cantante galego.
~ ~ ~ ~ ~
Queres ser rico? Pois non te afanes por aumentar os teus bens, senón en diminuír a túa cobiza. 
Epicuro 
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: