~ ~ ~ ~ ~
Os pechos son os días 25 a 28 de xaneiro, e anuncian do mesmo xeito o tempo das estacións (primavera, verán, outono e inverno, respectivamente)
~ ~ ~ ~ ~
Celébrase a festa da Candelaria, unha tradición por mor da cal todos os anos se trasladan os santos da igrexa parroquial de Santa Comba á Capela de Vilar.
Santoral: Conversión de San Paulo, Apóstolo
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1554: O xesuíta José de Anchieta funda São Paulo, actualmente, a cidade máis grande do Brasil
1569: O rei Filipe II de España impón a Inquisición en terras da América.
1809: Entran en Ribadeo as tropas francesas, esixindo grande cantidade de alimentos ás aldeas dos arredores.
1831: Independencia da Polonia.
1841: Nace en Marín o filántropo Policarpo Sanz.
1882: Nace Virginia Woolf, escritora inglesa.
1917: Os Estados Unidos compran a Dinamarca as hoxe chamadas Illas Virxes Americanas por 25 millóns de dólares.
Noticia do 25 de xaneiro de 1914 |
1943: Morre Federico Guillermo Maciñeira e Pardo de Lama, historiador e xeógrafo.
1947: Morre Al Capone, gangster estadounidense
1979: Nace Dani Mallo, futbolista galego.
~ ~ ~ ~ ~
Non sexas sempre rigoroso nin sempre brando e escolle o medio entre estes dous extremos; que niso esta o punto da discreción.
Cervantes
~ ~ ~ ~ ~
Ningún comentario:
Publicar un comentario