mércores, 31 de xaneiro de 2024

31 de xaneiro

Os amores de xaneiro son os que enfrían primeiro.
~ ~ ~ ~ ~
Santoral: San Xoán Bosco
~ ~ ~ ~ ~
Esta noite é Imbolc, un dos catro principais festivais do calendario celta, asociado co ritual da Fertilidade. Cristianizado como o día da Santa Bríxida, en tempos máis recentes foi celebrado como o festival do lume.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1809: As tropas de Napoleón ocupan a cidade de Vigo.
1820: Nace Concepción Arenal, escritora galega.
1848: Nace na Coruña o músico Varela Silvari (outras fontes apuntan a que foi o día 1 de febreiro).
1888: Morre San Xoán Bosco, fundador da Orde dos Salesianos.
1906: Ecuador: Un sismo de 8,8 rexistrado cerca da costa de Ecuador e Colombia xerou un forte tsunami que matou ata 1.000 persoas. Sentiuse o longo da costa pacífica de América Central ata San Francisco e tan lonxe coma no oeste de Xapón.
1867: Nace Manuel Portela Valladares, xornalista e político galego. Nace Manuel Amor Meilán, escritor e antropólogo galego.
1915: Primeira Guerra Mundial: os alemáns usan gas venenoso contra os rusos.
1922: O autoxiro de Juan de la Cierva, no seu primeiro voo, consegue elevarse 25 metros do chan durante tres minutos.
1923: Nace Norman Mailer, periodista e escritor estadounidense.
1929: Lev Trotsky é exilado pola Unión Soviética.
Noticia do 31 de xaneiro de 1914
1937: Nace Luis del Olmo, un dos radiofonistas españois máis coñecido e valorado.
1940: Nace Xosé Lois Ripalda González, escritor galego.
1946: Nace Juan José Millás, escritor español.
1954: Nace Xosé Antonio Sánchez Bugallo, exalcalde de Santiago de Compostela.
1955: Morre John Raleigh Mott, promotor da Asociación Cristiá de Mozos (YMCA) e Premio Nobel da Paz en 1946.
2001: Morre Manuel Molezún, primeiro atleta coruñés en participar nunhas olimpíadas e afamado pintor.
2018: Falece Domingos Merino, político e xadrecista galego.
~ ~ ~ ~ ~
Todas as teorías son lexítimas e ningunha ten importancia. O que importa é o que se fai con elas. 
J.L. Borges
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: